Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Víctor Salgado amosaranos na Coruña as novidades que veñen en materia de protección de datos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Víctor Salgado amosaranos na Coruña as novidades que veñen en materia de protección de datos

Redacción
Publicado: 24/01/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Víctor Salgado contribuirá ao evento ilustrando sobre a problemática legal que xurde do sector TIC
Víctor Salgado contribuirá ao evento ilustrando sobre a problemática legal que xurde do sector TIC
A CEC (Confederación de Empresarios da Coruña), con motivo do Día Europeo da Protección de Datos, vai celebrar este xoves 26 unha xornada para tratar as incidencias no novo regulamento para a salvagarda da información en relación coas pequenas e medianas empresas (PEME). A actividade, que se celebra en colaboración Pintos & Salgado Avogados, desenvolverase a partir das 10:00 horas. O presidente da CEC, Antonio Fontenla, inaugurará a xornada que estará impartida polo socio fundador do dito bufete, Víctor Salgado. Trataranse temas de gran interese para as nosas empresas e profesionais con presenza e actividade na Rede, e máis tendo en conta que o regulamento xeral de protección de datos será aplicable a partir de maio de 2018 a todas as organizacións que tratan con información, supoñendo este regulamento “un compromiso máis activo por parte das entidades”, en palabras da CEC.
Víctor Salgado dará a coñecer esta norma para que “os empresarios e traballadores teñan claro cales son as novidades e as obrigacións principais en materia de protección de datos”, explica a entidade que preside Fontenla, engadindo que o relator falará sobre os datos de carácter persoal, aclarando aspectos relativos á calidade dos mesmos, o dereito á información na recollida do coñecemento, o consentimento do titular dos datos, e distinguirá entre os distintos tipos de datos e a súa seguridade.
Ademais, Víctor Salgado comentará o novo regulamento europeo e os seus conceptos básicos, como son o Privacy by Design ou a transferencia internacional de información, coñecida como Privacy Shield. Finalmente, ofrecerá unha introdución sobre o dereito ao esquecemento e o dereito á carrexabilidade de datos, ademais de comentar as infraccións e sancións previstas no regulamento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?