Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae celebra os seus once anos con nova web e nova oferta formativa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae celebra os seus once anos con nova web e nova oferta formativa

Redacción
Publicado: 24/01/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

vitae_nova_web_xaneiro_2017.jpgVitae Consultores, consultora referente a nivel estatal e galego en materia de formación TIC avanzada para profesionais, vén de renovar a súa páxina web, facéndoa máis visual e sinxela de abranguer e, tamén, ceibándoa de todo aquilo que se poida interpoñer entre o usuario e a información que se ofrece, boa parte dela relacionada co dinámico programa de obradoiros innovadores de Vitae. A renovación da web coincide, por certo, co undécimo aniversario da compañía. Para celebralo, Vitae tamén preparou e presentou un plan formativo para 2017 que non só mantén as liñas estratéxicas de anos anteriores, senón que tamén afonda en especialización e amplía contidos.
Amais dos once anos de andaina en si mesmos, Vitae tamén celebra estes días unha serie de froitos acadados ao longo deste tempo: a cifra de máis 10.000 profesionais entrevistados e, tamén a cifra de máis de 8.000 profesionais formados en materia de xestión, habilidades persoais e de operacións.
Na nova oferta formativa que propón a consultora para este ano que comeza inclúense, entre outras cousas, os seguintes cursos: Dirección e xestión de proxectos TI áxiles con SCRUM; Avaliación e selección avanzada de perfís TI (e non TI) baseadas na Neurociencia; Angular 2 con TypeScript e Observables; Fundamentos en Testing; Red e Redux: Desenvolvemento front-end moderno; Xestión multiproxecto: onde as metodoloxías preditivas e áxiles non abondan; Programación profesional de app multiplataforma con IONIC2 e Persoas sans, empresas sans.
Vitae, amais de todo o devandito, tamén quere destacar os seus cursos in company para empresas e multinacionais referentes a nivel mundial que, cada ano confían na consultora galega para formar aos seus profesionais nas tecnoloxías máis avanzadas. Neste punto cómpre salientar a formación que a compañía impartirá en xestión de proxectos PMI a un centenar de profesionais dunha multinacional con máis de 10.000 empregados en todo o mundo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?