Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Cabanas bótase ás redes para a súa nova campaña turística
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Cabanas bótase ás redes para a súa nova campaña turística

Redacción
Publicado: 25/01/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Unha captura extraída da nova imaxe do concello na Rede
Unha captura extraída da nova imaxe do concello na Rede
Se un destino turístico quere medrar en canto a número de visitantes debe apostar por unha boa promoción e a día de hoxe cómpre lembrarse das oportunidades que neste senso achegan as novas tecnoloxías. Así o entenderon dende o Concello coruñés de Cabanas, que arestora está a traballar na posta en marcha do proxecto: Cabanas, a Fraga Feita Mar, un programa de promoción turística pensado para mellorar os rexistros de visitantes e o que iso supón para o sector hostaleiro e o comercio local. Basearase, en boa medida, “nas posibilidades que fornecen as novas tecnoloxías”.
As novidades que traerá este proxecto ao Concello serán: a estrea de nova imaxe institucional (presentada este martes e coa vista posta nos novos soportes), un inventario da Rede Turística, a creación dun arquivo fotográfico de recursos, elaboración de materiais audiovisuais para promocionarse, folletos turísticos divulgativos, ferramentas web e espazos en redes sociais (Facebook, Twitter, Google+, Linkedin, Pinterest, Instagram…) de cara a acadar un mellor posicionamento en liña do destino, amais de organizar xornadas de formación e divulgación, entre outras iniciativas.
Para acadar tal fin Cabanas contará coa axuda económica do GALP Golfo Ártabro Norte (Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro) que confirmou o seu apoio ao proxecto cunha achega de arredor de 40.000 euros. Segundo fixo saber o alcalde, trátase dunha “ambiciosa iniciativa dirixida a atraer a atención do potencial visitante poñendo en valor os recursos turísticos principais de Cabanas e centrándose especialmente nas posibilidades que brindan as novas tecnoloxías da información”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?