As TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) poden chegar a converterse nunha canle de acceso ao mercado laboral para moitas persoas. Isto mesmo pensaron dende COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) e a Fundación Vodafone España que, ao longo do ano 2016 levaron adiante o proxecto: COGAMI integra a través das TIC. Grazas a este proxecto, 150 persoas con diversas capacidades ou con dificultades para acceder ao mercado laboral (sobre todo mulleres do rural que nos últimos seis meses careceron dun contrato) procedentes de distintos puntos de Galicia, aprenderon a procurar traballo a través das novas tecnoloxías.
E indo ao programa en cuestión, este achegou ás persoas participantes un servizo de asesoramento, información, formación e capacitación en TICS valorando as capacidades das persoas e marcándolles un itinerario persoal de integración laboral adaptado.
E como se traballou no eido das TIC? Pois mediante cursos formativos, sesións sobre o manexo dos portais de emprego 2.0 e coa gravación de 14 videocurriculums, onde os propios participantes presentaron o seu perfil profesional en formato vídeo.
Das 150 persoas que participaron no programa (75 mulleres e 75 homes): 25 son de A Coruña, 19 de Ferrol, 22 de Santiago, 18 de Lugo, 21 de Ourense, 21 de Pontevedra e 24 de Vigo. En canto á idade, a maioría son maiores de 31 anos e, segundo o nivel de estudos, o 34% teñen graduado en ESO, seguido do 28,6% con estudos en formación profesional e o 14,6% con estudos primarios.
Engadir que non todas estas empresas contactadas lanzaron ofertas de emprego, pero si colaboraron para que integrantes do programa realizaran prácticas non laborables nunha empresa (un total de 34). Asemade, sete orientadores laborais de COGAMI encargáronse de valorar e avaliar as potencialidades e capacidades de cada unha das persoas.
Como conclusión: grazas a este proxecto, 96 persoas con discapacidade conseguiron inserirse laboralmente durante o desenvolvemento deste programa Vodafone.
COGAMI e a Fundación Vodafone achegaron formación TIC e empregabilidade a 150 persoas
Compartir Este Artigo

