Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comeza a oitava edición de Yuzz Santander con tres centros de seu na nosa terra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Comeza a oitava edición de Yuzz Santander con tres centros de seu na nosa terra

Redacción
Publicado: 25/01/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

yuzz_coruna.jpgA edición 2017 de Yuzz Santander xa está en marcha, con centros de seu na Universidade da Coruña, na Universidade de Santiago e máis en Lugo. A iniciativa, que ten medio cento de academias de emprendemento en todo o territorio estatal, adícase a fornecer formación, apoio e asesoramento de balde a arredor de 1.300 mozas e mozos para contribuír a impulsar os seus proxectos innovadores de alicerce tecnolóxico. Como lembraremos, Santander Yuzz Mozos con Ideas é un programa promovido por Banco Santander a través de Santander Universidades e coordinado por CISE. No caso galego, ten o apoio da USC (Santiago e Lugo), da UDC e máis da Secretaría Xeral de Emprego. A día de hoxe, o programa recentemente reactivado vai pola súa oitava edición. Por certo que a Universidade da Coruña oficiou este 24 de xaneiro a “botadura” do seu centro Yuzz. Dará apoio a 26 mozas e mozos da nosa terra.
A academia coruñesa está emprazada nos espazos de co-working da Facultade de Informática. Segundo informaron os seus responsables, ao longo dos vindeiros cinco meses as/os emprendedoras /es reunidos nesta palestra formativa desenvolverán ideas de forma colaborativa recibindo asesoramento personalizado e formándose da man de expertos en innovación e modelos de negocio.
Nesta VIII edición, o programa do Banco Santander premiará ao mellor emprendedor dos seus centros estatais cunha viaxe a Silicon Valley (onde accederá a foros de financiamento, asesoramento en internacionalización e contacto con investidores) e permitiralle optar a 60.000 euros en financiamento.
Entre as ideas máis innovadoras que irán collendo corpo ao longo deste tempo no centro Yuzz da Universidade da Coruña, seleccionadas entre máis de 40 candidaturas, atópanse un probador de roupa virtual, unha aplicación de axuda ao diagnóstico médico, un sistema de ascensor intelixente, unha rede social baseada en preguntas e respostas ou un sistema informático para a xestión de viñedos.
Un pouco de historia
O proxecto Santander Yuzz arrincou en 2009 con dous centros, un en Barcelona e outro en Madrid, a xeito de viveiro tecnolóxico de grandes ideas. Desde entón medrou de forma exponencial e co impulso de Banco Santander a través de Santander Universidades e baixo a dirección do CISE alcanzou os 52 centros repartidos por toda España con máis de 1.000 participantes por edición.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?