Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: ABANCA Innova busca fixar talento tecnolóxico en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

ABANCA Innova busca fixar talento tecnolóxico en Galicia

Marcus Fernández
Publicado: 26/01/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

abanca_innova_img_7823.jpgEsta mañá ABANCA presentou unha nova iniciativa que pretende apoiar ao tecido produtivo galego e fomentar o emprendemento tecnolóxico con aplicación ao sector financeiro (fintech, insurtech e regtech), ABANCA Innova, que conta con instalacións de seu en POCOMACO (que operará como viveiro de empresas e espazo de coworking), facilitando así a visibilidade deste proxecto e que confían en que sexa «un centro de retención do talento», segundo palabras de Juan Carlos Escotet Rodríguez, vicepresidente de ABANCA.
abanca_innova_img_7843.jpgNa presentación de ABANCA Innova tamén estivo presente o conselleiro delegado da compañía, Francisco Botas, quen detallou que xa hai compañías traballando no novo centro que ten como obxectivo «pór en marcha un programa estable, sustentable e colaborativo que impulse tecnoloxías emerxentes aplicables á prestación de servizos financeiros dende Galicia».
Escotet asegurou que «con este proxecto aunamos a nova vocación de dinamización da economía coa aposta polas tecnoloxías transformadoras que xa estamos aplicando no proceso de dixitalización do banco». Precisamente a entidade bancaria ten realizado un investimento en tecnoloxía superior aos 100 millóns de euros nos últimos anos, deixando claro que constitúe un eixe estratéxico para ABANCA.
abanca_innova_img_7820.jpgDende ABANCA Innova recibirán proxectos constantemente (ou sexa, que non se limitará a convocatorias pechadas), de xeito que seleccionarán os que mellor encaixen nas necesidades da entidade, cun proceso de investimento en dúas fases: na inicial (seed-capital) ABANCA aportará financiamento na modalidade de préstamo participativo a diferentes proxectos tecnolóxicos en proceso de creación, entres os que seleccionará a varios para unha segunda fase (start-up), na que o nivel de madurez dos proxectos lévoas a poder afrontar a súa constitución.
abanca_innova_img_7889.jpgEn total ABANCA Invest pretende canalizar inicialmente ata 10 millóns de euros a través desta iniciativa que non só conta co apoio financeiro de ABANCA, senón que tamén ofrecerá asesoramento en materia de xestión. O programa busca contribuír á estruturación de proxectos emprendedores dende o punto de vista empresarial, para a súa operación no mercado, e tamén posibilitar a maduración da idea proposta polos emprendedores ata a implantación dun produto ou servizo resultante na operativa do banco.
Para a detección e o impulso do talento tecnolóxico galego ABANCA colaborará con emprendedores e centros universitarios, entre os que destaca o Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE), mentres que ABANCA Innova servirá como espazo de ideación que permita a estudantes desenvolver as súas ideas e proxectos de fin de carreira. Tamén será escenario de centros de excelencia en tecnoloxías emerxentes, realizará accións de formación e mentorización, e colaborará con redes de difusión de coñecemento.
abanca_innova_img_7882.jpgO Centro ABANCA Innova é un moderno edificio cunha superficie total de 670 m2, 10 espazos de entre 18 e 76 m2 e 32 postos de coworking, claramente deseñado como un lugar ideal para xuntanzas e xornadas de traballo intensivas. As instalacións deixan clara a súa vocación innovadora a través dos nomes que reciben as distintas salas, que homenaxean a figuras dos alicerces da informática como Alan Turing e George Boole, a grandes mulleres da historia da informática como Ada Lovelace e Grace Murray Hopper, e a figuras da innovación moderna como Elon Musk, Linus Torvalds, Steve Wozniak e Tim Berners-Lee.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?