Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMTEGA e a FEGAMP ampliarán os servizos dixitais aos concellos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMTEGA e a FEGAMP ampliarán os servizos dixitais aos concellos

Redacción
Publicado: 26/01/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

administracion_dixital.jpgHoxe estase a desenvolver en Santiago unha xornada de debate e reflexión arredor da Administración Electrónica e os seus principais retos a curto, medio e longo prazo. O Seminario Modernización Dixital das Administracións Públicas en Galicia, organizado por SOCINFO coas compañías galegas SIVSA e ABANCA, foi inaugurado a primeira hora por Mar Pereira, directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), entidade colaboradora do evento xunto co SERGAS, a Deputación de Lugo e os Concellos de Vigo e Santiago. Na apertura da xornada, Mar Pereira adiantou datos sobre o proxecto para ampliar o catálogo de servizos dixitais que a Administración pon á disposición dos concellos. Esta iniciativa artéllase a través dun acordo específico coa Federación Galega de Municipios e Provincias de Galicia (FEGAMP).
O obxectivo desta cooperación, sinalou a titular de AMTEGA, é “facilitar a adaptación das entidades locais á nova lei 39/2015, que esixe que o procedemento electrónico sexa o habitual e non a excepcións nas Administracións”.
Este acordo, engadiu, ampliará a colaboración que a Xunta iniciou en 2009 coa federación para impulsar a Administración Electrónica nos consistorios, facilitándolles o acceso a novos servizos dixitais da Xunta neste ámbito como as notificacións electrónicas ou o Arquivo Dixital.
Nun plano máis xenérico, Pereira destacou que a dixitalización da Administración é un “dos obxectivos da Axenda Dixital 2020” e que “Galicia ten en marcha parte das medidas que esixen as leis 30/2015 e 40/2015, que entraron en vigor o pasado mes de outubro”. Ao fío disto salientou que a cidadanía galega “xa pode solicitar as notificacións electrónicas coa Administración a través do Sistema Notific@, que, unha vez completada a súa implantación, permitirá un aforro de 2 millóns de euros fronte á notificación en papel”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?