Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os usuarios de Moovit terán información directa sobre os aparcadoiros disuasorios da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os usuarios de Moovit terán información directa sobre os aparcadoiros disuasorios da Coruña

Redacción
Publicado: 26/01/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

moovit-app.jpgA ferramenta Moovit, dirixida a fornecer máis eficiencia nas viaxes en transporte público, vai seguir adiante co seu proceso de achegar novos servizos ás cidades galegas. Se o ano pasado dimos conta da chegada da aplicación a Vigo, Pontevedra e Ferrol, e previamente xa foramos informados da súa arribada á Coruña, esta semana o equipo responsable da ferramenta-comunidade móbil (unha comunidade mundial de máis de 55 millóns de usuarios) informou dunha nova funcionalidade para consultarmos máis de 120 aparcadoiros disuasorios, catro deles da Coruña.
Este novo servizo, lanzado a través dunha alianza con Parclick (nova firma española adicada á reserva en liña de prazas de aparcadoiro para vehículos de todo tipo), permitirá aos usuarios de Moovit (3 millóns no ámbito estatal) ter en conta os estacionamentos de borde para planificar os seus traxectos en áreas urbanas e metropolitanas. O obxectivo, sinala a compañía, “é potenciar o transporte multimodal e a mellora da calidade do ar diminuíndo a entrada de vehículos privados ao centro da cidade”.
Entre os aparcamentos coruñeses incluídos na nova funcionalidade atópase o da Palloza ou o da Praza de Pontevedra.
O obxectivo, como dixemos, é potenciar o uso destes estacionamentos emprazados nas áreas lindeiras co centro das cidades. “Grazas á promoción destes aparcadoiros situados a carón de estacións ou paradas de transporte público”, explican dende Moovit, “perséguese a mellora da calidade do ar e saúde pública, a mobilidade urbana e o fomento do transporte público”. Segundo palabras de Roy Bick, fundador e vicepresidente de operacións de Moovit, “esta alianza é máis necesaria que nunca xa que cada vez son máis frecuentes as restricións impostas ao tráfico de vehículos particulares debido a factores como: a alta contaminación, a seguridade cidadá ou como medida para favorecer a dinamización do comercio e a mobilidade en determinadas zonas ou durante determinados eventos”.
Con esta actualización, Moovit amosará máis de 120 aparcadoiros de Parclick dispoñibles na xeografía española distribuídos da seguinte maneira:
– Comunidade de Madrid: 17
– Barcelona: 16
– Valencia: 17
– Zaragoza: 6
– Sevilla: 20
– Granada: 11
– Córdoba: 3
– Bilbao: 7
– Málaga: 3
– A Coruña: 4
– Alacante: 8
– Murcia: 4
– Salamanca: 2
– Cádiz (Baía de Cádiz): 7

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?