Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pintos & Salgado achegará formación legal en TIC ás empresas da provincia da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pintos & Salgado achegará formación legal en TIC ás empresas da provincia da Coruña

Redacción
Publicado: 26/01/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cec_victor_salgado_e_antonio_fontenla.jpgCon motivo do Día Europeo da Protección de Datos que se celebra hoxe, a Confederación de Empresarios da Coruña (CEC) celebrou a xornada Incidencia do novo regulamento de protección de datos sobre as PEME, en colaboración con Pintos & Salgado Avogados. O presidente da CEC, Antonio Fontenla, inaugurou a xornada impartida polo avogado e socio fundador do devandito bufete, Víctor Salgado. Segundo lembraron, o regulamento de protección de datos será de aplicación a partir de maio de 2018 a todas as organizacións que tratan datos e supón un cambio no cumprimento da normativa, “esixindo un compromiso máis activo por parte das entidades”. Fontenla indicou que os cambios unificarán e modernizará a normativa, “permitindo aos cidadáns e ás empresas un mellor control sobre os seus datos”. A sesión complementouse coa sinatura dun acordo para favorecer formación e asesoramento continuo.
Volvendo ao miolo da xornada, Fontenla expresou a súa confianza en que este proceso asegure e garanta “a aplicación das novas regras de maneira uniforme e coherente en todo o territorio da UE”, incentivando a innovación e favorecendo a creación de novas oportunidades de negocio, “tendo en conta a relevancia económica que os datos persoais adquiriron no marco actual da economía dixital”.
Pola súa banda, Salgado deu a coñecer detalles de interese sobre como afectarán estas renovacións aos empresarios e traballadores (obrigas principais en materia de salvagarda da información). Falou sobre os datos de carácter persoal, aclarando aspectos relativos á calidade dos mesmos, o dereito á información na recollida da información e o consentimento do titular da mesma. Asemade, distinguiu entre os distintos tipos de datos e a súa seguridade.
Alianza
A maiores do devandito, a CEC e o bufete Pintos & Salgado Avogados asinaron hoxe un convenio de colaboración no ámbito das novas tecnoloxías da información, no que se inclúen iniciativas de carácter formativo, asesoramento legal, comercial e colaboracións noutros proxectos de contido técnico e legal que xurdan en común. Concretamente, iniciarán a súa colaboración con asesoramento xurídico-práctico en casos como os riscos actuais das redes sociais por parte das empresas e os seus clientes; o grao de cumprimento da Lei de protección de datos; o coñecemento e emprego de sinatura electrónica e e o grao de implantación da factura electrónica nas PEME da provincia da Coruña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?