Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Candela achega dende Vigo un sistema de xestión smart do alumeado público
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Candela achega dende Vigo un sistema de xestión smart do alumeado público

Redacción
Publicado: 27/01/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_proxecto_candela.jpgLevar as vantaxes da Internet das Cousas e a información masiva (Big Data) ao ámbito do alumeado público das cidades galegas e co fin de mellorar a súa xestión, e incentivar o aforro e a sustentabilidade. Este é o gran alicerce do proxecto Candela, que foi presentado onte no Campus de Vigo polas súas entidades impulsoras, un consorcio integrado por empresas de enxeñaría (SETGA, que lidera o proxecto, xunto con ITELSIS, INTECO e INSITU) e investigadores da Universidade de Vigo (Grupo de Tecnoloxía Enerxética) e de Gradiant. O proxecto, posto en marcha hai un ano, é un proxecto Smart City por dereito propio. Segundo se fixo saber na presentación, “ten como obxectivo avanzar no eido das Cidades Intelixentes coa creación dun conxunto de solucións que permitan medir, modelar, optimizar e actuar en tempo real sobre todo o sistema lumínico público urbano”. Entre os ingredientes utilizados, amais do coñecemento atesourado por todas as entidades implicadas, atópanse as seguintes tecnoloxías: os sensores Lidar (Light Detection and Ranging), o Big Data, a Internet das Cousas (IoT) e as novas tecnoloxías de LED.
Candela, en termos concretos, achegará un sistema de “luminaria intelixente e conectada, seguindo os conceptos da Internet das Cousas”, explicaron os investigadores, engadindo que este sistema permitiranos avaliar o estado actual da luminaria e ter capacidade íntegra de comunicación e seguimento en relación ao alumeado, concretamente dende un centro de control “ao abeiro dun concepto de cidade intelixente”. Isto quere dicir que a diferenza dos sistemas tradicionais de monitoraxe, Candela porá en xogo un escenario onde as propias lámpadas serán quen de avaliar o seu estado, facendo cousas como medir o consumo ou calibrar canta “vida” lles queda.
Candela, subvencionado por la Axencia Galega de Innovación, arrancou en febreiro de 2016 con dous anos de medio de duración total e un orzamento de 863.442,78 €.
Con este proxecto, engadiuse na presentación, “empresas e centros de investigación tratan de reducir o custe enerxético do alumeado público mediante a mellora da súa regulación a través de controis en-liña e automatizados, ao tempo que se mellora tamén o mantemento das instalacións a partir de detección temperá de incidencias”. Ademais, dixeron, “tratarase de mellorar a percepción visual que a cidadanía ten das instalacións, optimizando a súa xestión e aumentando a seguridade viaria apostando por un regulamento da iluminación con capacidade de adaptación a condicións climatolóxicas cambiantes e polo deterioro progresivo das instalacións”.
O sistema resultante, ademais, posibilitará a toma das máis acaidas e axeitadas decisións administrativas e técnicas, amais dunha mellor comunicación coa cidadanía relativa aos servizos de alumeado público existente e as posibles melloras.
Os investigadores salientaron que os seus traballos permitirán acadar “catro obxectivos prioritarios”.
· Reducir o tempo de operacións durante o ciclo integral de proxecto nun 97%, diminuíndo o número de horas e meses empregados de 30 meses a un mes en infraestruturas medias de 30.000 puntos de luz.
· Procurar unha “conectividade participativa” con toda a infraestrutura de alumeado a través dunha rede IoT – LPWA.
· Adaptar os parámetros de luz aos ritmos da poboación e aos niveis de actividade urbana mediante sistemas con sensores integrados en IoT.
· Potenciar a capacidade de pór en funcionamento unha auditoría verificadora sobre os niveis de luz na totalidade da infraestrutura de alumeado público, “corrixindo de contado as desviacións reais experimentadas polos principais parámetros luminotécnicos ata o final da vida útil”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?