
No seo de cada obradoiro, elaboráronse sete grupos de traballo conformados por profesionais heteroxéneos que puideron expoñer as súas ideas.
O resultado destes obradoiros ficará nun documento de cara a definir as melloras que deben ser incorporadas no sector. Este documento servirá de punto de partida para contribuír ao proceso de dixitalización do sector agroalimentario galego. Esta sesión de traballo tamén serviu para perfilar a participación de Galicia na iniciativa europea Plataforma S3 Agri-Food.
O Polo de Innovación Dixital é un foro a prol da innovación dixital no sector agroalimentario que se estreaba o 6 de outubro na Casa do Saber do Campus Terra da USC, celebrando a súa primeira reunión de traballo o 15 de decembro en Compostela, onde se estableceu un plan de traballo a curto prazo.
A sesión de traballo organizado polo Polo de Innovación Dixital para o Sector Agroalimenario estivo presidida polo vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo e director do Campus Terra, Javier Bueno, co vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro Lois, quen actuou como dinamizador dos grupos de traballo nos que se recolleron as sensibilidades dos máis de medio centenar de profesionais asistentes. Na presentación dos obradoiros tamén participaron o director xeral de Gradiant, Luis Pérez Freire, e o director da Fundación Semana Verde de Galicia, Ricardo Durán.
A clausura da xornada de traballo correu a cargo do vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro, e contou coa presenza da directora xeral da Axencia Galega de Innovación, pertencente á Consellería de Economía, Emprego e Industria, Patricia Argerey.
Gradiant e a USC recollen as demandas dixitais no tecido agroalimentario galego
Compartir Este Artigo

