Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica encarga a Huawei a instalación da súa rede virtual EPC nunha ducia de países
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica encarga a Huawei a instalación da súa rede virtual EPC nunha ducia de países

Redacción
Publicado: 30/01/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

telefonica_huawei.jpgTelefónica daba a coñecer hoxe a súa aposta por Huawei de cara a cooperar co provedor de solucións de Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) en contornas virtualizadas. Emporiso, as dúas compañías traballan nunha rede a gran escala de vEPC (virtual Evolved Packet Core), o corazón de paquetes das redes LTE virtualizado, un marco para prover voz e datos converxentes nas redes 4G LTE, en América Latina e Europa. Indo á rede de vEPC, dicir que abranguerá once países de América Latina: Arxentina, Brasil, Colombia, Costa Rica, O Salvador, Guatemala, México, Nicaragua, Perú, Panamá e Uruguai; e dous en Europa: Alemaña e España.
A solución vEPC de Huawei, denominada CloudEPC, permite construír redes áxiles que se axustan decontado ás demandas de novos servizos, reducen os custos de produción, soportan unha implementación máis rápida dos servizos e asignan recursos virtuais ao tempo que achegan dispoñibilidade, seguridade e fiabilidade, permitindo a integración coas redes legadas de Telefónica. Así, o despregamento de vEPC permitirá atender diversos casos de uso que inclúen servizos tradicionais centrados no cliente: IoT/M2M, MVNO, redes LTE privadas así como computación no bordo móbil (Mobile-Edge Computing). O vEPC de Huawei mantén as mesmas características que a súa versión física existente, SingleEPC, herdando así a experiencia e as vantaxes do seu liderado en tecnoloxías de comunicación.
Telefónica e Huawei estiveron traballando e probando de maneira conxunta o rendemento de Huawei CloudEPC no Laboratorio de Referencia NFV de Telefónica en Madrid. Durante as probas, Huawei CloudEPC amosou un dos mellores rendementos no plano de datos e no plano de sinalización grazas á súa arquitectura que fai uso das tecnoloxías EPA (Enhanced Platform Awareness).
Arestora Telefónica e Huawei están a probar a integración da solución CloudEPC na plataforma UNICA Infraestrutura de Telefónica o que permitirá a automatización completa dos despregamentos vEPC e a xestión do seu ciclo de vida dentro das redes da compañía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?