
Como lembraremos, a razón principal deste recurso foi que nas bases se fixaba como requisito unha serie de titulacións como: Psicoloxía, Socioloxía, Dereito, Publicidade e Relacións Públicas, Xornalismo ou Económicas, titulacións que “nada teñen que ver coa Informática e o bo desempeño do posto ofertado”, sinalou no seu día o colexio que preside Fernando Suárez.
Perante este panorama, o CPEIG solicitou no seu día que “estime e acorde establecer coma requisito estar en posesión unicamente do título de enxeñeiro en Informática, eliminando o resto de titulacións sen ningunha conexión cos postos ofertados”, como así foi finalmente.
Lembrar que o recurso presentado o 26 de maio sinalaba o seguinte: “Parecería absolutamente disparatado pensar que para deseñar unha ponte se ofertase un posto no que se admitise un licenciado en Dereito ou un xornalista. Pois exactamente iso é o que está facendo nesta convocatoria, tendo en conta que na actualidade os sistemas informáticos se ocupan de cuestións estratéxicas e de importancia vital para as persoas, polo que non poden ser deixados en mans de xente que non estea abondo preparada”.
A xeito de conclusión, co recurso interposto polo CPEIG, esta entidade pretendía dúas cousas: a representación exclusiva da profesión e a defensa dos intereses profesionais dos titulados/as, amais de exercer a representación que establezan as leis para o cumprimento dos seus fins e a defensa desta profesión.
A Deputación da Coruña modifica un proceso selectivo para técnico superior de Informática logo dun recurso do CPEIG
Compartir Este Artigo

