
En Ponteareas o programa empezou onte co obradoiro Xestión da túa empresa: facturación e ferramentas integradas, mentres que o xoves as oficinas de Vigo e Porriño ofrecen o curso Comercializa os teus servizos a través das redes sociais. O luns terá lugar en Cambados o primeiro obradoiro desta oficina en febreiro, baixo o título Xestiona o teu negocio dende o móvil; o xoves día 9 será a quenda de Pontevedra con Como crear unha app e non morrer no intento; e o venres 10 celebrarase en Lalín Redes sociais para a empresa: é Twitter a túa solución?. Para máis información sobre estes obradoiros, podemos consultar na web da Deputación o programa íntegro de febreiro en todas as oficinas.
Como recordaremos, SmartPEME é unha nova estratexia formativa da entidade que preside Carmela Silva destinada a atender as demandas formativas das empresas e profesionais da provincia, demandas centradas nos múltiples aspectos prácticos das novas tecnoloxías da información (recursos para incrementar a competitividade, mellorar as vendas, seren máis eficaces e eficientes, ter máis protagonismo no mercado, optimizar comunicación, manter clientes no tempo, etc). Con este fin, nas oficinas de SmartPEME no Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo se están a poñer en marcha cada mes as seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores e emprendedoras, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as PEME e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.
A Deputación de Pontevedra achega 31 novos obradoiros TIC para emprendedores e PEME
Compartir Este Artigo

