Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG e Educación repiten colaboración para achegar as competencias dixitais aos estudantes galegos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG e Educación repiten colaboración para achegar as competencias dixitais aos estudantes galegos

Redacción
Publicado: 01/02/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cpeig_educacion_navega_2017.jpgO Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) recunca un ano máis a súa colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no marco dos programas Navega con Rumbo e Programación nas Escolas, de cara a mellorar as competencias dixitais dos estudantes e desenvolverse dun xeito máis seguro no ámbito tecnolóxico. Amais de promover as vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxías, Enxeñerías e Matemáticas) entre a comunidade escolar galega. Serán arredor de 200 colexios e institutos Abalar (centros que contan con aulas dixitais) de toda a nosa xeografía os que este ano participen nestas accións específicas no eido da programación informática e no uso seguro dos recursos tecnolóxicos con novidades como a posta en marcha de accións específicas (concursos, campañas,…) de sensibilización en relación coa protección de datos.
Indo aos programas, Navega con Rumbo (que xa vai pola súa 6ª edición) vai encamiñado ao alumnado, aos docentes e ás familias. Aos escolares, para guialos cara unha navegación segura, previndo que sexan vítimas de condutas como o ciberacoso; e aos pais, nais e profesores para darlles as recomendacións precisas e que as transmitan. Con esa finalidade, o CPEIG levará a cabo xornadas divulgativas nos centros escolares Abalar de toda Galicia, apoiado polas Guías de Boas Prácticas elaboradas polo CPEIG, que poden descargarse a través da web do programa, navegacon rumbo.es.
En canto á outra proposta, Programación nas escolas (que xa vai pola 3ª edición), nace coa vontade de iniciar aos escolares na linguaxe da programación informática. Uns 10 centros escolares de Primaria (que se suman aos outros 20 da 1ª e 2ª edición) beneficiaranse neste curso desta iniciativa. Para isto, ofrécenselle as ferramentas axeitadas para que comprendan que é un computador, como funciona, e como eles mesmos poden crear aplicacións interactivas como videoxogos ou animacións…
navega_con_rumbo_2017.jpg En canto a fomentar as vocacións STEM entre o alumnado, cómpre lembrar que desde o curso 2015/16 xa están en marcha as materias de libre configuración autonómica de Programación en 1º e 2º de ESO (132 centros ofertárona este curso, con 4.200 matriculados) e de Robótica en Bacharelato (ofertada por 92 centros e case 600 alumnos matriculados). A impartición destas materias leva aparellado a dotación de equipamento específico (kits de Robótica educativa) co que a Consellería está dotando a todos os IES de Galicia. Asemade, a Consellería tamén dispón dun plan de formación específico en Robótica dirixido ao profesorado vinculado ás ensinanzas tecnolóxicas.
Por último, falarmos da Estratexia galega de convivencia escolar, pois Educación xa conta cun Protocolo de Protección de Datos que serve de guía aos centros á hora de xestionar toda a información referente ao alumnado. Estase a traballar na incorporación dun apartado de identidade dixital para que os rapaces conten cunha ferramenta-guía para o tratamento da súa información persoal a través das redes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?