Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo e Teltek participan na creación dun ecosistema europeo de docencia virtual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo e Teltek participan na creación dun ecosistema europeo de docencia virtual

Redacción
Publicado: 02/02/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Domingo Docampo e Vicente Goyanes nas instalacións de UVigo-TV
Domingo Docampo e Vicente Goyanes nas instalacións de UVigo-TV
A Universidade de Vigo informou esta semana do desenvolvemento dun proxecto europeo no que participa e que tería a finalidade de pór en marcha o que sería, nas súas palabras, “o primeiro depósito europeo de materiais educativos audiovisuais”. O proxecto Up to University, Up2U (Bridging the gap between schools and universitys trough informal education) comezou a súa andaina en 2015 e está financiado no marco do programa H2020 da Unión Europea con cinco millóns de euros. Os seus socios son 18 entidades dunha ducia de países, sendo a UVigo a única representante de España xunto coa firma local Teltek. Ao longo dos vindeiros tres anos o consorcio participante traballará na creación “dun ecosistema de docencia virtual audiovisual”. Será un recurso de apoio no ensino que todos coñecemos, o tradicional. Agárdase que teña unha incidencia moi positiva facilitando aos alumnos o chimpo de secundaria ás universidades.
Detrás deste proxecto, impulsándoo e impulsando tamén a concorrencia viguesa, atópase o ex-reitor Domingo Docampo, comisionado para o Campus Dixital do Mar, quen informa a posta en marcha do devandito “ecosistema de docencia virtual” iría encamiñado aos escolares de idades comprendidas entre os 11 e os 19 anos. Polo que respecta á empresa viguesa Teltek, está especializada en achegar solucións e tecnoloxías abertas de vídeo, videoconferencias, streaming e formación a distancia. A súa colaboración coa Universidade materializouse coa prestación do Campus Multimedia da institución docente galega.
Volvendo ao proxecto Up2U, apóiase na base xerada polo portal eduOER (Open Educational Resource of GEANT), un acubillo con diferentes pezas audiovisuais catalogadas a disposición dos usuarios e usuarias. O impulso de Up2U dará como resultado a conversión do devandito portal “nunha contorna de aprendizaxe”, onde consultar vídeos, pero tamén contidos máis elaborados como coleccións temáticas ou unidades didácticas completas, pensadas especificamente para o alumnado de secundaria. “Fixemos un portal adaptado para que aos docentes, e tamén aos propios rapaces, lles sexan doados de localizar e visualizar, tanto dende os ordenadores como dende tabletas e móbiles, o material que precise entre máis de 40.000 obxectos educativos en diferentes idiomas, agora daremos un paso máis na estruturación de todo ese material”, explica Vicente Goyanes, responsable de Teltek.
uvigo_up2u.jpgA idea, sinalan Docampo e Goyanos, é “conseguir suavizar o chimpo dos estudantes do instituto á universidade, pois tanto en España como no resto de países de Europa hai cada vez máis problemas para que os alumnos e alumnas que acceden á universidade se poñan ao nivel necesario para poder aproveitar ao máximo o plan docente dun grao”. E engaden: “Pretendemos que ese salto, que xa se constatou que existe, sexa máis doado coa creación dun ecosistema de docencia virtual audiovisual no que traballen xuntos profesores da universidade e de educación secundaria na creación de contidos moi visuais, empregando plataformas de docencia en liña”, explica Goyanes.
Socios centrados nos datos e no software aberto
Dos 18 socios que participan no consorcio, cinco son redes nacionais, que representan ao conxunto dos seus respectivos países (Italia, Portugal, Grecia, Israel, Hungría…); oito son universidades, entre elas a Open University, institución de referencia a nivel mundial no uso das novas tecnoloxías na educación e docencia virtual; está o CERN, Organización Europea para a Investigación Nuclear; e dúas empresas, unha firma alemá de sofware libre, OwnCloud, e Teltek.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?