Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: MediaMapa.gal recolle os datos de case 150 medios de todo o territorio galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

MediaMapa.gal recolle os datos de case 150 medios de todo o territorio galego

Redacción
Publicado: 02/02/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

5890718a3f-mediamapagal.jpgA semana pasada, tal e como sinalamos dende Código Cero, arrincou con forza a iniciativa MediaMapa.gal, un dos proxectos financiados pola Bolsa Nacho Mirás para novas/os tituladas/os do 2016, organizada e desenvolvida polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e patrocinada por Abanca, coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago. Como lembraremos, MediaMapa.Gal diríxese a construír unha cartografía do conxunto dos medios de comunicación en Galicia (o seu elemento máis referencial é, de feito, o Mapa dos medios galegos, que recolle arestora información de 150 deles). Esta construción non será o desenvolvemento dun labor calquera, feito por unha equipa concreta especializada, senón que será unha construción aberta, participativa e dinámica.
Segundo nos recordou esta semana o Colexio, o mapa interactivo onde figuran as iniciativas xornalísticas da nosa terra “é un espazo aberto no que calquera usuario poderá introducir novas achegas”. Ademais, poderá localizar as canles activas, ver as súas características básicas e acceder de xeito directo a elas.
Como dixemos, MediaMapa.Gal irrompe no escenario dixital galego con datos de case 150 medios de todo o noso territorio, emprazados de maneira xeográfica e clasificados polas características de grao de proximidade (municipal, comarcal, provincial ou comunitario), tipo de medio (prensa, radio ou televisión), soporte (papel, web, radio ou televisión), temática (especializada ou xeralista) e idioma de edición (castelán, galego ou portugués). Desde as fichas dos distintos medios pode accederse aos seus respectivos sitios web, así como consultar os datos de denominación social e área de cobertura.
Como sinalamos o outro día, MediaMapa.gal está promovido por Cruz Negreira, xornalista e doutoranda en Comunicación e Información Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela, que investiga, dentro do grupo de investigación Novos Medios da USC, sobre o desenvolvemento dos medios hiperlocais na rede, en Galicia e no conxunto do Estado. Segundo engade o Colexio de Xornalistas, MediaMapa.Gal “servirá tamén para difundir parte dos resultados desta investigación, que se publicarán en aberto e de forma periódica no sitio”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?