Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pontevedra desbota o papel dos seus expedientes con empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pontevedra desbota o papel dos seus expedientes con empresas

Redacción
Publicado: 02/02/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

concello_pontevedra_fachada.jpgO Concello de Pontevedra vén dar un novo e decisivo paso en materia de Administración Electrónica. Máis polo miúdo, procedeu a suprimir o papel de todos os expedientes que tramita con empresas, o que certifica a súa aposta integral e unívoca pola xestión dixital. Esta medida foi posible grazas aos avances incorporados á sede electrónica do Concello, sede.pontevedra.gal, que, como lembraremos, foi posta en marcha en marzo do o ano pasado, sendo en boa medida o alicerce desta aposta integral polo electrónico. “A partir deste 1 de febreiro”, informa o Goberno local, “a totalidade dos expedientes realizaranse de maneira electrónica”. A medida leva implícita, tamén, a obriga por parte do Concello de notificar dixitalmente.
Segundo informa a equipa de goberno pontevedrés, “o devandito suporá importantes cambios na xestión interna dos servizos municipais”. A tecnoloxía elixida para soportar e facer posible toda esta transformación é a tecnoloxía Cividas, desenvolvida pola empresa Imatia, que entre outras vantaxes fornece unha plataforma de xestión de expedientes común. O Executivo local, nun plano máis concreto, sinala que o principal cambio atinxirá ás entidades xurídicas que traballan coa Administración pontevedresa, arredor dunhas 11.000 anuais (ás que hai que engadir entidades non xurídicas como por exemplo colexios profesionais, notarías ou rexistradoras da propiedade, entre outras). Todas elas e sen excepción terán obriga desde este 1 de febreiro de presentar electronicamente toda a documentación que dirixan a traves de sede.pontevedra.gal. Pola súa banda, o Concello tamén lles remitirá todas as notificacións a través deste mesmo procedemento. “É dicir”, explicou esta semana o Executivo, “elimínase o papel nas relacións diarias das empresas co Concello, é a inversa”.
No que respecta ás persoas físicas (ou particulares), o Consistorio sinalou que non están obrigadas a recibir as notificacións electrónicas. Este colectivo, equiparable en número ao anterior, terá a posibilidade de decidir se quere que se lle notifique todos os seus expedientes de maneira dixital ou un procedemento en concreto, e o resto en papel. O obxectivo do Concello é “facilitar o traballo tanto aos administrados como aos servizos municipais”.
Dende a entrada en vigor da sede electrónica municipal, esta ferramenta recibiu 408 solicitudes electrónicas, das cales 71 son de persoas xurídicas e 337 de persoas físicas. A estas entradas cumpriría engadir a presentación das facturas electrónicas que foron 8.805 dende a mesma data.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?