Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae convídanos cun novo obradoiro a aprender todo o relacionado con React e Redux
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae convídanos cun novo obradoiro a aprender todo o relacionado con React e Redux

Redacción
Publicado: 03/02/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

facebook-react-native.jpgVitae Consultores prosegue estes meses de febreiro e marzo co seu labor incansable de formar a profesionais do sector TI en Galicia. Segundo vén de informar a academia-consultora tecnolóxica, os días vindeiros teremos unha oportunidade de introducirnos nunhas tecnoloxías cada vez máis estendidas e que sen dúbida servirán de importante apoio para aumentar a produtividade no desenvolvemento de aplicacións. Trátase das tecnoloxías React e Redux, que serán o miolo dun obradoiro previsto para os os días 24, 25 de febreiro e 3, 4 de marzo no Hotel Attica21, na cidade da Coruña. O curso React e Redux: Desenvolvemento frontend moderno (PDF) constará de 20 horas.
Segundo nos lembra Vitae, a tecnoloxía React é unha libraría de Javascript en rápido crecemento, que está desenvolvida e mantida por Facebook e é utilizada, ademais de por Facebook, por redes sociais e servizos tecnolóxicos de primeira liña, como por exemplo Instagram, Netflix, Paypal, Imgur, Feedly, Airbnb, etc. React, engade a consultora, é software aberto e conta a xeito de respaldo e garantía cunha ampla comunidade ás súas costas, incluíndo aos propios equipos de Facebook e Instagram.
Redux, pola súa banda, é un colector de estado que funciona achegando predicións de utilidade e de gran fiabilidade e que nos axuda a xestionar unha aplicación cando esta incrementa a súa complexidade. Redux, en parte, é unha implementación de Flux, que é o padrón de arquitectura de aplicación que empregan Facebook e outras moitas compañías no desenvolvemento de ferramentas React.
Vitae recorda que as persoas que participen no obradoiro non só aprenderán a utilizar estas tecnoloxías, senón tamén outras complementarias ou análogas como o xestor de paquetes de Node (npm) e Webpack. O obxectivo disto: achegar recursos para que os nosos profesionais aumenten a súa produtividade e sexan quen de desenvolver aplicacións modernas con capacidade de adaptación e evolución e, tamén, doadas xestionar, manter e probar.
Este obradoiro insírese na estratexia de Vitae a prol de mellorar a formación e capacitación dos nosos profesionais e empresas no sector das novas tecnoloxías da información, centrándose na mesma medida nos aspectos humanos e organizativos que nos aspectos tecnolóxicos.
O encargado de impartir estes contidos será Félix Horro Pita, enxeñeiro técnico en Informática e profesional con máis de 13 anos de experiencia como programador na empresa Corunet, amais de co-desenvolvedor de grandes proxectos para empresas do talle de Inditex, Abanca ou BricoKing.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?