Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Economía convoca o segundo certame de ideas Industria 4.0
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Economía convoca o segundo certame de ideas Industria 4.0

Redacción
Publicado: 06/02/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

industria_4.0-3.jpgO Goberno galego, a través da Consellería de Economía, vén de convocar a segunda edición do seu certame do seu Concurso de Ideas Industria 4.0. A convocatoria, que conta cun orzamento de catro millóns de euros, ten o obxectivo de mobilizar 10 millóns e de apoiar media ducia de propostas tecnolóxicas innovadoras colectivas, catro delas centradas en implantar a fábrica intelixente en sectores estratéxicos da economía galega. Esta segunda edición ten ademais a novidade de impulsar dous proxectos nos eidos da fábrica virtual e as novas tecnoloxías industriais (TIC industriais). Con isto, Economía quere que a nosa terra sexa quen de subir novos chanzos en intelixencia artificial, en Internet das Cousas e en información inxente (Big Data). En termos concretos, a previsión é que participen medio cento de pequenas e medianas empresas galegas.
A iniciativa prevé seleccionar, por unha banda, catro novos proxectos colectivos para implantar a fábrica intelixente en sectores estratéxicos da economía galega. Estes engadiranse aos da primeira convocatoria, desenvolvidos polo CEAGA (motor), o Clúster da Madeira, CLUGASA (alimentación) e ASIME (aeronáutica). Nas ideas en desenvolvemento da primeira edición están a traballar 38 PEME mobilizando 7,5 millóns de euros.
Segundo informa Economía a respecto da nova convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será de tres meses, facilitando así a formación por parte dos clústers e asociacións empresariais de grupos ou alianzas de traballo conformadas por un mínimo de tres empresas. A axuda máxima será dun millón de euros por cada un dos proxectos, incluíndo un premio de ata 25.000 euros para as entidades coordinadoras de cada unha das iniciativas seleccionadas. Escollerá os proxectos un xurado composto por representantes do IGAPE, da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e expertos estatais e internacionais de recoñecido prestixio.
As empresas que desexen impulsar un proxecto de investimento 4.0 e necesiten contactar cun organismo intermedio para presentalo á convocatoria aberta, poden facelo seguindo as instrucións publicadas na web do IGAPE. Do mesmo xeito, os organismos intermedios que queiran presentar solicitude ao abeiro desta liña poden dirixirse ao Instituto para publicar, na mesma páxina, as liñas xerais da iniciativa e para localizar, así, empresas que desexen sumarse.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?