Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pontevedra acolle todos os sábados un curso de Raspberry Pi para cativos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pontevedra acolle todos os sábados un curso de Raspberry Pi para cativos

Redacción
Publicado: 06/02/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

iniciacion_a_robotica_pontevedra_anias.jpgEste sábado 4 de febreiro comezou en Pontevedra unha actividade destinada a abrirlles ás novas xeracións a porta da creación tecnolóxica e de recursos de intelixencia artificial. Trátase do Curso de Raspberry Pi, Scratch e iniciación á robótica para cativos de entre 8 e 12 anos. A actividade vén da man da empresa Anias, e as aulas desenvólvense nas mañás dos sábados (en horario de 11.30 a 13.00 horas) no Centro Social do Gorgullón, grazas á colaboración da Asociación de Veciños Eduardo Pondal. O eixe do obradoiro é a tecnoloxía Raspberry Pi, unha placa computadora de baixo custe desenvolvida pola fundación do mesmo co obxectivo de impulsar o ensino das ciencias da computación no ámbito docente.
O curso, unha actividade innovadora e creativa deseñada para axudar aos nosos rapaces “a afrontar os desafíos do século XXI”, inclúe no plano temático os seguintes contidos: instalación, configuración e primeiros pasos con Raspberry Pi; como tirar proveito de Raspberry Pi como centro multimedia e como computador persoal para ver cinema na casa HTPC; Raspberry Pi como máquina produtiva (aplicacións ofimáticas), manipulación de imaxes dixitais; programación co Raspberry Pi (aprender a programar con Scratch, primeiros pasos en Python) e iniciación á robótica.
Para as persoas que queiran obter máis información sobre esta actividade, dicirlles que poden facelo a través da conta extraescolares@anias.es ou os teléfonos 986 864 598 e 649346457.
Polo que respecta á empresa organizadora do obradoiro, trátase como dixemos de Anias, unha firma da nosa terra que centra o seu labor nos ámbitos de atención á nenez e a xuventude, a dinamización sociocultural, a formación e o tempo de lecer.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?