Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SIVSA presentou Fenix perante máis de 300 profesionais do sector da saúde e os coidados
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SIVSA presentou Fenix perante máis de 300 profesionais do sector da saúde e os coidados

Redacción
Publicado: 06/02/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

sivsa_fenix_presentacion.jpgO pasado 27 a empresa galega SIVSA presentou novamente a súa tecnoloxía Fenix, a innovadora plataforma de software para a xestión clínica. A presentación desenvolveuse ao abeiro da Xornada de Responsabilidade Profesional Sanitaria que se celebrou no auditorio de AFundación en Vigo, da man de Gest Invest Medical, organización especializada no ámbito sanitario e, segundo informa a dita empresa galega, “un claro referente informativo e formativo para médicos, fisioterapeutas, xerentes de clínicas, etc”. Na xuntanza do 27, que contou coa presenza de máis de 300 profesionais, SIVSA achegou cumprida información sobre o seu software, a través do relatorio-presentación e, tamén, a través do material de documentación da xornada que se lles entregou a todos os presentes.
Segundo informa a empresa galega, a xornada serviu igualmente para certificar “o gran interese que esperta Fenix entre os profesionais do sector”, un software deseñado ao redor da figura do profesional médico. Como temos sinalado noutras ocasións, Fenix é un software de xestión clínica especialmente pensando e optimizado para médicos e clínicas de pequenas dimensións. A plataforma foi desenvolvida por SIVSA, empresa galega referencial en solucións informáticas para a saúde, con máis de 25 anos de experiencia e presenza en máis de 30 hospitais en seis países diferentes. “Con Fenix”, informaron na xornada os responsables de SIVSA, “estaremos en disposición de manexar e monitorizar de maneira moi doada os procesos que se levan a cabo nas clínicas, proceso que son centralizados na súa totalidade pola plataforma, dende a chamada para solicitar unha cita ata a facturación dos servizos (tanto ao propio paciente como a unha aseguradora)”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?