Será do 17 de febreiro ao 29 de marzo cando a Aula TIC PEME da Universidade de Santiago de Compostela (USC) leve a cabo unha nova edición do seu obradoiro virtual de xestión de tendas en liña con Prestashop. Estamos perante un programa formativo en liña estruturado en 50 horas lectivas e que vai encamiñado principalmente a autónomos e empresarios, mais tamén aos maiores de idade que estean interesados.
Para inscribirse neste obradoiro cómpre encher o formulario habilitado na web da Aula TIC PEME (Pequena e Mediana Empresa) da USC, sendo a data límite o 16 de febreiro.
En canto ao prezo da matrícula, é de 60 euros, taxa que se verá reducida nun 50% para as persoas vinculadas coa USC ou que mantiveran esta ligazón no pasado. As persoas que completen a formación impartida neste curso recibirán cadanseu certificado acreditativo da Aula TIC-PEME da USC.
A Aula TIC PEME oferta un novo obradoiro virtual de xestión con Prestashop
Compartir Este Artigo

