Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: ASIME e CO2 Smart Tech amosaron as vantaxes de empregarmos tecnoloxías smart na nosa xestión enerxética
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

ASIME e CO2 Smart Tech amosaron as vantaxes de empregarmos tecnoloxías smart na nosa xestión enerxética

Redacción
Publicado: 08/02/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

asime_tic.jpgA Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (ASIME) organizou este martes 7 unha xornada destinada a pór sobre a mesa tecnoloxías de utilidade para incrementar a efectividade e a sustentabilidade no que se refire ao uso empresarial de recursos enerxéticos. A Xornada Sistemas Avanzados de Xestión Enerxética na Industria desenvolveuse na sede da dita entidade en Vigo. Foi a novena sesión dun ciclo de encontros (o Ciclo de Xornadas TIC de ASIME) que arrincou en novembro de 2015 co obxectivo de “amosar as últimas solucións e avances tecnolóxicos e dixitais, fomentando así o afianzamento da Industria 4.0 no sector metalúrxico galego”.
Iniciou a xornada Hugo Barreiro, coordinador de Industria 4.0 en ASIME, quen fixo saber que dende a asociación metalúrxica galega estase a realizar “un profundo labor de concienciación e capacitación defendendo que a introdución de tecnoloxías 4.0 sempre é rendible”. A clave, sinalou, “está en achar que tecnoloxía se require e para que proceso determinado”. Tamén dixo que grazas ao #CicloTIC de xornadas “estamos a lograr esa primeira prospección que necesitan as empresas”. Igualmente, salientou que neste intre xa está en pleno desenvolvemento o proxecto ASIME4.1, un ambicioso proxecto sectorial para o que “se agarda lograr un financiamento a fondo perdido próximo ao millón de euros” e que fica na actualidade aberto a asociados e non asociados, abranguéndose ao seu abeiro iniciativas de investimento tecnolóxico como pode ser a implementación do sistema de xestión enerxética CO2stTem, presentado na xornada deste martes 7.
Precisamente para falar de CO2stTem participou na sesión Alberto Méndez, socio director de CO2 Smart Tech, empresa especializada en sistemas de xestión enerxética, quen expuxo os beneficios de integrarmos un sistema como o devandito, unha tecnoloxía que achega un novo rumbo para as nosas empresas, diametralmente oposto ás metodoloxías previas de traballo en materia de xestión. Segundo lembrou, “na industria, a nivel estatal, en 2010 o custo enerxético era equivalente ao 17% dos custos de persoal, en 2014 xa supón case o 20% e esta é a tendencia”.
asime_tic_2.jpgA continuación, Daniel Blanco, responsable de Eficiencia Enerxética en CIE Galfor, presentou o caso de éxito da súa empresa coa instalación no seu seo de CO2stTem. Ademais, conectouse na nube para amosar os datos estatísticos e en tempo real que se estaban a producir na planta. Segundo fixo saber, “ao sermos unha empresa que fabrica mediante forxa e estampación, controlar os consumos enerxéticos, especialmente nos numerosos fornos de indución, é clave”
ASIME recorda que continuarase co Ciclo TIC durante todo o 2017. En anteriores edicións abordáronse estes eixes temáticos: robotización e robotización colaborativa, sistemas de xestión industrial, deseño industrial, ciberseguridade, Internet das Cousas, dixitalización, xestión documental, fabricación aditiva e automatización de procesos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?