Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CDTIC amosa dende Vigo as posibilidades de WordPress e WooCommerce para mantermos unha tenda en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CDTIC amosa dende Vigo as posibilidades de WordPress e WooCommerce para mantermos unha tenda en liña

Redacción
Publicado: 08/02/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cdtic_woocommerce.jpgEste xoves 9 de febreiro temos novamente no Centro Demostrador TIC unha cita coas tecnoloxías máis avanzadas e de meirande utilidade para os nosos procesos empresariais e de mercado. Desta volta agárdanos unha sesión práctica sobre como xestionarmos un establecemento dixital de vendas empregando o sistema libre de xestión de blogs WordPress e a súa aplicación WooCommerce, tamén open source e de balde. A cita Xestiona o teu negocio en liña con WooCommerce e WordPress terá lugar na aula CeMIT de Vigo en horario de 16.15 a 19.15 horas. O obxectivo: amosarnos as vantaxes que ofrece a dita aplicación para xestionar as vendas en liña fronte a outras ferramentas, así como inicialas nas funcións principais da aplicación.
Ao longo da sesión ofreceranse indicacións sobre a súa instalación, sobre a xestión de produtos, sobre os módulos de envío ou sobre os métodos de pagamento, entre outros aspectos. Segundo sinala a axencia AMTEGA, que é de quen depende o Centro Demostrador TIC, a sesión está destinada sobre todo a pequenas empresas, autónomos e comerciantes “que queiran manexar de forma individual o seu catálogo de produtos en internet”. Encargarase de impartila a firma Hacce Conversion & Design, empresa especializada en desenvolvementos web de comercio electrónico e presenza en liña, e deseño de interacción.
Para participar nesta actividade cómpre inscribirse na web do CDTIC. A asistencia é de balde e aínda é posible anotarse para asistir, xa que as prazas, polo momento, non están cubertas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?