Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os museos científicos coruñeses lembrarán este sábado que a ciencia e a informática tamén é cousa de mulleres
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os museos científicos coruñeses lembrarán este sábado que a ciencia e a informática tamén é cousa de mulleres

Redacción
Publicado: 08/02/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

dia-internacional-da-muller-e-a-nena-na-ciencia.jpgFai falta visualizar os esforzos das nosa mulleres nos ámbitos da ciencia e as novas tecnoloxías, non só polas que xa abriron camiños nestes eidos, aínda que tamén, senón tamén polas que están por vir. Baixo esta premisa celébrase este 11 de febreiro, no ámbito internacional, o Día da Muller e a Nena na Ciencia, impulsado polas Nacións Unidas. Para festexalo e para lembrarlle ao mundo que elas tamén fixeron, fan e farán coñecemento innovador (malia ter tido, e ter, moitas máis cousas na súa contra) os museos científicos coruñeses acollen este sábado múltiples actividades. As citas son pola mañá no Centro Universitario de Riazor e, pola tarde, na Domus. Haberá charlas divulgativas de balde ata completar aforo.
A sesión da Domus comezará ás 16.30 horas, con Nenas e aspiracións científicas no cinema e a tele, un relatorio de Joana Magalhães, doutora en Bioquímica e Bioloxía molecular e investigadora no Grupo de Investigación en Reumatoloxía CICA-INIBIC e CIBER-BBN. Ás 17.00 horas Javier Pedreira Wicho, responsable informático dos Museos Científicos Coruñeses e co-fundador de Microsiervos.com, ofrecerá a charla A informática tamén é cousa de mulleres.
Seguirá, ás 17.00 horas, A ciencia da arte, en feminino, a cargo de Deborah García Bello, química, divulgadora científica e autora de Dimetilsulfuro.es. Esta mesma divulgadora será a encargada de presentar a mesa redonda que se desenvolverá entre as 18.00 e as 19.00 horas, baixo o epígrafe Mulleres na ciencia, que contará coa participación de Joana Magalhães, doutora en Química, Mª Teresa Rodríguez Blas, catedrática e investigadora no Grupo de investigación Metais en Medio Ambiente e Medicina, UDC; a escritora Estíbaliz Espinosa Río, quen achega un especial enfoque na simbiose entre Ciencia e Humanidades e Ana Jesús López Díaz, do Grupo de investigación Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser, da UDC.
Antes, na sesión da mañá, no Centro Universitario de Riazor, investigadoras da UDC falarán desde as 11.00 horas sobre a vida e os logros científicos de mulleres que foron pioneiras en diferentes eidos da ciencia, como a matemática María Wonenburguer, a enfermeira Florence Nightingale, a química e cristalógrafa Rosalind Franklin, a arquitecta Lina Bo Bardi, a bioquímica Esther M. Zimmer, ou a matemática Augusta Ada King-Noel.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?