Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os polígonos de O Campiño, Vilagarcía e Ponte Caldelas xa contan cos accesos ultrarrápidos de R
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os polígonos de O Campiño, Vilagarcía e Ponte Caldelas xa contan cos accesos ultrarrápidos de R

Fernando Sarasketa
Publicado: 08/02/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

O Polígono de O Campiño en Pontevedra
O Polígono de O Campiño en Pontevedra
O operador de raizame galega R vén de informar da incorporación de tres polígonos industriais da nosa terra á listaxe de recintos empresariais que contan xa con Internet de altas prestacións. Trátase, máis polo miúdo, dos polígonos de O Campiño (Pontevedra), O Pousadoiro (Vilagarcía de Arousa) e A Reigosa (Pontecaldelas). Estas tres contornas, informa R, xa están conectadas ás redes de última xeración de R, o que significa (entre outras cousas) que as empresas emprazadas nelas poderán lograr “megavelocidades de acceso á Rede”, amais de “tirarlles o máximo partido a diversos servizos tecnolóxicos de valor engadido”.
Os traballos foron feitos polo operador de fibra grazas ao Plan de Banda Larga da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), do que R é adxudicatario e no que se contempla a dotación de Internet ultrarrápida a 81 complexos industriais galegos. As firmas destes tres polígonos xa poden contratar Internet de ata 350 Mbps de baixada e 35 de suba, “cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas”, sinala R.
Respecto aos servizos tecnolóxicos de acceso á Rede que se abren co fornecemento destas infraestruturas, a compañía de telecomunicacións fai fincapé en que os accesos ultrarrápidos son o alicerce que apuntala o seu medre e as posibilidades de competir das nosas empresas noutros mercados, previa a súa transformación dixital. Ao fío disto R salienta os servizos e solucións na nube como por exemplo a videoconferencia, o acceso á Internet das Cousas (IoT) ou os procedementos do que se coñece como Industria 4.0, vencellados a cousas como a eficiencia enerxética, o control de intrusións nas edificacións, os servidores virtuais e a analítica de datos (Big Data), entre outros eidos. “Todas estas cousas e outras moitas máis”, explica a compañía de raizame galega, “son posibles grazas ás vantaxes das redes FTTH (Fiber To The Home) que levan a fibra óptica ata a propia empresa nestes polígonos xa conectados ás redes ultrarrápidas de R”.

Reconto e previsións

A peche de 2016, dezasete destes 81 recintos empresariais galegos incluídos no devandito Plan da Xunta ficaron conectados á rede de R e, segundo as previsións, o resto farano ao longo de 2017 (30 polígonos) e 2018 (outros 34). Deste xeito, en dous anos, un total de 130 polígonos, nos que segundo salienta R “concéntrase case o 93% da superficie empresarial ocupada en Galicia”, disporán de acceso a redes de máis de 100 Mbps. O resto cubriranse nas seguintes actuacións previstas no Plan.
Como lembraremos, a AMTEGA subvenciona estes despregues cunha axuda de 3,4 millóns de euros, que xerarán un investimento total de de 5,2 millóns. Estas subvencións co-fináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020 (PDR).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?