Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Turismo de Galicia renova a súa presenza en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Turismo de Galicia renova a súa presenza en liña

Redacción
Publicado: 08/02/2017
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20170208_turismo_01.jpgA directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a directora da AMTEGA, Mar Pereira, presentaron o novo portal web de promoción turística de Galicia que mellora a súa consulta dende dispositivos móbiles, facilita a navegación, dá prioridade ao emprego da fotografía como argumento de atracción e incrementa a visibilidade das empresas turísticas do sector.
Durante a rolda de prensa de presentación, a directora de Turismo de Galicia destacou que a través deste novo portal fortalecerase a difusión, tanto a nivel nacional coma internacional, de Galicia coma destino turístico a través das ferramentas que achegan as novas tecnoloxías, das cales afirmou, constitúen os instrumentos máis importantes para a promoción de destinos turísticos e que responden ás necesidades tanto para a captación de novos turistas coma a fidelización daqueles que xa teñen visitado Galicia.
20170208_turismo_02.jpgNava Castro sinalou que esta renovación é necesaria debido ao novo contexto de consumo das TIC por parte dos turistas e usuarios, no que os dispositivos móbiles cobran cada día máis importancia, sobre todo nos períodos de lecer e vacacionais, ben pola comodidade do seu emprego como pola explotación das ferramentas de xeolocalización.
Pola súa parte, a directora da AMTEGA, Mar Pereira, lembrou que o novo portal de Turismo é unha das iniciativas do Smart Turismo, un plan a cinco anos, dotado con 10 millóns de euros, para desenvolver iniciativas tecnolóxicas e innovadoras que axuden a modernizar o sector e impulsar a Galicia como destino turístico.
Pereira resaltou que o Plan Smart Turismo ten xa en marcha diferentes ferramentas, como Turespazo, a extranet do sector, unha canle dixital para facilitarlle a xestión online da súa información administrativa e tamén a difusión da súa información promocional e a comercialización dos seus produtos. Desde a súa posta en marcha permitiu a xestión online de preto de 7.000 expedientes a 111 empresas do sector que colaboraron coa Administración na posta en marcha desta plataforma.
A directora da AMTEGA destacou tamén o desenvolvemento de SmartCamiño, a liña do Plan que configura un modelo intelixente de Camiño de Santiago e que xira en torno a unha páxina web e aplicación que se publicaron na primavera de 2016. Ademais, dentro desta liña de actuación dotouse de Wi-Fi ao 100% dos albergues públicos do Camiño.

Novidades do portal

turismo_gal_muralla.jpgUnha das principais novidades desta renovación do portal web de promoción turística de Galicia é a mellora da súa consulta dende dispositivos móbiles, fundamental xa que na actualidade case o 60% das visitas que recibe esta páxina web proceden de usuarios que empregan dispositivos móbiles
Así mesmo, a nova imaxe do portal leva consigo o incremento da facilidade na navegación e na consulta de contidos para que os usuario podan atopar sen dificultade os diversos produtos turísticos e destinos ofrecendo, ademais, os contidos nun total de 7 idiomas.
Por outra parte, o novo portal da prioridade ao emprego da fotografía e do vídeo como argumento de atracción poñendo en valor a biblioteca de imaxe e ofrecendo unha plataforma de xestión de contidos multimedia.
turismo_gal_plans.jpgAdemais, esta páxina web aumenta da interacción co turista, de maneira que, ademais de planificar a súa viaxe, pode participar a manter a calidade da información, e incrementa a visibilidade das empresas turísticas axudando ao sector para a comercialización dos seus produtos turísticos.
Todo isto acompañado de completa información de máis de 30.000 recursos, un total de 278 rutas turísticas e de sendeirismo, 78 experiencias, 120 destinos destacados, máis de 3.500 aloxamentos e 12.400 establecementos de restauración que permiten o coñecemento do destino dende o punto de vista da riqueza patrimonial e cultural e achegando as ferramentas e información necesarias para organizar e planificar a viaxe a Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?