Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha investigación premiada pola UVigo pon de manifesto as eivas dos nosos concellos en materia de eGoberno
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha investigación premiada pola UVigo pon de manifesto as eivas dos nosos concellos en materia de eGoberno

Redacción
Publicado: 08/02/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

A investigadora Vitoria Canoura avaliou no seu traballo un total de 14 concellos galegos
A investigadora Vitoria Canoura avaliou no seu traballo un total de 14 concellos galegos
Vitoria Canoura, investigadora ligada ao Campus de Pontevedra, vén de ser recoñecida co premio ao mellor traballo de fin de Máster en Dirección Pública e Liderado Institucional. A orixe desta distinción está no seu pormenorizado estudo sobre goberno electrónico nos concellos galegos. Máis polo miúdo, unha investigación desenvolvida para afondar no grao de desenvolvemento dos nosos municipios en materia de eAdministración, tendo en conta os seus recursos web e botando man da figura do “usuario dixital misterioso”, en palabras da investigadora. Con este axente anónimo, que se adicou a solicitar ás administracións informacións sobre todo tipo de procesos e trámites, foi quen de avaliar a capacidade de “e-resposta” dos concellos avaliados, un total de 14. Este traballo permitiulle varias cousas. En primeira instancia, constatar que o afianzamento do goberno electrónico nas administracións locais amosa un desenvolvemento “moi limitado e pouco uniforme”.
Segundo engade, “a conclusión máis destacada é que existen nos recursos web analizados diversos elementos propios do goberno electrónico, desde elementos que facilitan a navegabilidade ata outros máis complexos que permiten a participación cidadá na elaboración dunha política pública”. A súa investigación abrangueu as sete grandes cidades galegas (A Coruña, Vigo, Santiago, Ourense, Lugo, Pontevedra e Ferrol) e máis Narón, Lalín, Moaña, Xinzo de Limia, Ribadeo, Meis e A Illa de Arousa. En todos os parámetros tidos en conta as cidades grandes obtiveron as mellores puntuacións. Con todo, Canoura puido comprobar que malia que tamén hai grandes avances en materia de goberno electrónico, “en moitos outros casos seguimos tendo que acudir de xeito presencial para cuestións que facilmente se poderían facer por medios telemáticos”. Como conclusión, o seu estudo sinala que en xeral non se aproveitan de maneira axeitada as novas tecnoloxías da información para fomentar a participación cidadá.
O proxecto abrangueu a realización dun test heurístico co que analizar unha serie de parámetros nas webs municipais, vencellados a catro categorías. No seu conxunto, os municipios analizados obteñen as mellores puntuacións na categoría de usabilidade, cun 61% de cumprimento medio; mentres que a participación cidadá constitúe a categoría con menor puntuación conxunta. Vigo, cun 54,5% de cumprimento dos ítems propostos, Pontevedra, cun 53%, e Santiago cun 51%, son os municipios que maior salientan nesta análise, fronte ao 8% de Xinzo de Limia e o 16,5% da Illa de Arousa.
O traballo completouse co devandito experimento co que Canoura tratou de comprobar o nivel de comunicación bidireccional dos concellos, a través de cinco usuarios ficticios que solicitaban información sobre trámites como por exemplo a alta no padrón ou a obtención dunha licencia de bar. En xeral, comenta, obtivéronse “respostas rápidas”, aínda que non coa calidade e claridade desexable, xa que a contestación no mesmo día “é a situación xeneralizada”. Pontevedra, Lugo, Santiago, Vigo, A Coruña e Ourense son as cidades que maior puntuación obteñen nunha proba da que ficaron fóra Meis, Moaña e Xinzo por non dispor de ferramentas web para a realización destas consultas.
Xunto a Canoura, foi recoñecido co segundo premio José María Peral, polo seu traballo Influencia de la Unión Europea en las organizaciones internacionales de aviación civil.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?