Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: La Molinera de Ourense achéganos en febreiro á robótica e á comunicación dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

La Molinera de Ourense achéganos en febreiro á robótica e á comunicación dixital

Redacción
Publicado: 09/02/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

molinera_ourense.jpgHai dez meses botaba a andar o Centro do Coñecemento de La Molinera de Ourense, “un elemento dinamizador e promotor da creatividade, tanto desde o punto de vista persoal como profesional” e unha “xanela aberta á innovación, creatividade e incorporación das novas tecnoloxías”, segundo palabras do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. Proba disto é que neste mes de febreiro La Molinera achegará obradoiros de robótica para nenas e nenos, formación en comunicación dixital para mozas e orientación para as persoas interesadas en montar unha empresa dixital.
Máis polo miúdo, as actividades programadas en La Molinera consistirán nun Networking Startup, que converterá á cidade en punto de encontro entre a mocidade, administracións, empresas e universidade; e a xornada Novas canles de empregabilidade, na que se abranguerán temas como a marca persoal e a vídeo presentación persoal.
Asemade, este espazo adicado ás novas tecnoloxías que é La Molinera quere abrir novos vieiros de traballo para a mocidade, e nesta liña insírese o programa Xoves inspiradores. Así, ao abeiro deste ciclo, os días 9 e 23 de febreiro haberá un obradoiro de argumentación e debate; mentres que o 16 de febreiro realizarase outro obradoiro de redes sociais.
En canto aos máis novos, están previstos os obradoiros: Team makers kids, adicado á robótica, programación e proxectos dixitais; e o obradoiro educacional Arquimakers-kids.
Alén disto, La Molinera abre o prazo para os cursos da aula CeMIT (que neste mes de febreiro estará centrada nos obradoiros de Deseño e Impresión 3D) e para a creación dunha tenda a través de Internet.
Aproveitando a presentación dos cursos que se celebrarán en febreiro, este martes o alcalde de Ourense facía fincapé na participación de La Molinera na Semana Europea do Emprendemento, unha actividade que se realiza en máis de 40 países (do 6 ao 10 de febreiro), sendo Ourense e Pontevedra “as únicas cidades galegas” que participan neste foro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?