Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Fene aposta polo envellecemento saudable a través do uso dos teléfonos intelixentes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Fene aposta polo envellecemento saudable a través do uso dos teléfonos intelixentes

Redacción
Publicado: 10/02/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

concello_fene.jpgO Concello de Fene está a organizar actividades para favorecer durante o ano en curso o que se coñece como envellecemento activo a través das novas tecnoloxías da información. Trátase do programa de accións Tardes Activas, un variado feixe de propostas que inclúe entre os seus bloques temáticos a introdución e o manexo das novas ferramentas, co fin de contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas maiores e, tamén, a ampliar a súa formación e os seus xeitos de empregar o tempo de lecer. Tardes Activas, que é un programa itinerante, vén da man da Concellaría de Benestar Social e Igualdade de Fene. Prolongarase dende este mes de febreiro ata decembro.
As Tardes Activas están estruturadas en catro obradoiros distintos. A veciñanza poderá participar neles de maneira indistinta, “mesmo aínda que non pertenzan á parroquia onde se impartan cando se trate de actividades itinerantes”. Un dos obradoiros trata sobre activación da memoria (“recomendable para persoas que teñen esquecementos cotiáns”, outro tratará sobre lembranzas (“traballando diferentes funcións cognitivas a través de recordar vivencias”) e outro xirará arredor dos recursos para manter a raia a aparición de demencias.
A última actividade para a veciñanza da terceira idade é un obradoiro para aprender a empregar os teléfonos móbiles intelixentes, cos que, segundo sinala o Concello, “ademais de falar tamén se pode navegar por Internet, acceder ás redes sociais e mesmo dispor de aplicacións moi útiles a partir de certas idades”. O Concello, que lembra que neste caso é necesario que cada persoa leve o seu propio teléfono, sinala que este obradoiro desenvolverase nas mañás dos venres entre as 11 e as 13.00h. a partir do 24 de febreiro. O curso impartirase na aula de formación municipal situada na avenida Naturais de Fene nº 44, entresollado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?