Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Lalín prepara a inminente posta en marcha da súa Administración Electrónica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Lalín prepara a inminente posta en marcha da súa Administración Electrónica

Redacción
Publicado: 10/02/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Exterior da casa do concello de Lalín
Exterior da casa do concello de Lalín
O Concello de Lalín vén de informar da boa marcha do seu proceso para afianzarse plenamente na Administración Electrónica, proceso que se atopa neste intre nos seus derradeiros axustes por parte dos técnicos municipais. Máis polo miúdo, os técnicos están a ultimar certos detalles de operatividade dos sistemas informáticos e a recoller información entre o persoal para, en palabras do Concello, “poder comezar a traballar coa ferramenta Gestiona”. Segundo fixo saber o concelleiro de Novas Tecnoloxías Tomás Vilariño, nos vindeiros días levaranse a cabo diversas sesións formativas destinadas ao persoal do consistorio en materia de eAdministración.
Tamén salienta Vilariño que se trata dunha ferramenta moi completa que vai permitir que a cidadanía empregue plenamente servizos avanzados de xestión dixital, como por exemplo a sede electrónica de Lalín ou os servizos de trámite e consulta a través da Rede. Calcúlase que o arrinque do sistema integral podería facerse a partir do 14 de febreiro. Esta aposta de Lalín pola Administración Electrónica é unha realidade grazas ao acordo previo asinado coa Deputación de Pontevedra, un convenio que posibilitará poder traballar coa devandita ferramenta Gestiona e acceder (dende o persoal municipal por enteiro) ao xestor de expedientes e á sinatura electrónica.
A respecto do complexo proceso que levou á agora inminente posta en marcha desta Administración lalinense dixitalizada, Tomas Vilariño explicou que “no Goberno local, se ben levamos moito tempo traballando na implantación da Administración Electrónica, con respecto á súa instalación definitiva tivemos que agardar á integración completa do novo equipamento informático no renovado Centro de Proceso de Datos (CPD), cuxo orzamento foi de 45.0000 euros e que permitiu melloras moi importantes no almacenamento e intercambio de información”.
Esta incorporación plena á Administración Electrónica permitiralle ao Concello pór en marcha servizos de xestión electrónica, tales como unha sede electrónica de servizo aos cidadáns ou demais sistemas de trámite e consulta a través da Rede, como pode ser a xestión en liña de expedientes e demais documentación. Este servizo, tal e como apuntou o concelleiro, “é moi completo e permitirá dar saída a unha das propostas do Goberno de Lalín, aforrándolle ademais, deste xeito, diñeiro ao Concello”. Vilariño valorou “moi positivamente” esta iniciativa “que esixirá dun cambio de filosofía tanto por parte do Consistorio como da cidadanía, ademais de requirir serios esforzos de formación para os empregados municipais”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?