Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O programa #UpdatePEME impulsará con casos de éxito a dixitalización dos nosos sectores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O programa #UpdatePEME impulsará con casos de éxito a dixitalización dos nosos sectores

Redacción
Publicado: 13/02/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

update_peme.jpgA Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) vai pór en marcha o vindeiro 23 deste mes un programa específico para amosar e visualizar solucións tecnolóxicas de interese para as nosas empresas, pertenzan ao eido produtivo ao que pertenzan, a través de presentacións de casos de éxito. Trátase do #UpdatePEME, unha iniciativa que salienta polo seu “enfoque sectorial”, sinala axencia que dirixe Mar Pereira, engadindo que o programa estará integrado na actividade do Centro Demostrador TIC. Cada unha das sesións que abrollen de #UpdatePEME irá encamiñada a fomentar a dixitalización dun sector determinado. Nelas, as empresas que xa pasaron este proceso de modernización amosarán as súas experiencias con produtos ou servizos tecnolóxicos con potencial para o restante colectivo.
Serán, máis polo miúdo, sesións afterworks (a celebrar a partir das 19h e en torno a unha hora de duración) arredor de tecnoloxías que “poidan ser útiles de forma inmediata, desde un punto de vista moi práctico e con casos reais de aplicación en empresas”. Segundo lembra AMTEGA, no transcurso destes encontros “os relatores deixarán fíos, cuestións de interese, para que os participantes poidan tirar e, desta forma, espertar o interese das empresas asistentes e que sexan estas as que decidan afondar ou pedir máis información do produto ou servizo exposto”.
As sesións complementaranse con gravacións de cada unha das intervencións e artigos divulgativos sobre a aplicación das tecnoloxías amosadas, que poderán ser consultados polas empresas na web do Centro Demostrador, cdtic.xunta.gal.
O programa comezará o vindeiro 23 de febreiro coa sesión #UpdatePEME_Turismo: Como a dixitalización pode axudar ás empresas turísticas. Nesta primeira achega, na que colabora o Clúster Turismo de Galicia, o experto en turismo e TIC, Enrique Lancis, introducirá o visión xeral da tecnoloxía existente no mercado para a comercialización turística.
A continuación abordarase a tecnoloxía aplicada por diversas empresas do sector. A modo de faladoiro aberto, compartirán a súa experiencia práctica no uso de ferramentas TIC. Para participar nesta actividade cómpre inscribirse na web do CDTIC. A asistencia é de balde, sinala AMTEGA, que lembra que é posible anotarse para asistir, xa que as prazas, polo momento, non están cubertas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?