Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os participantes en Yuzz Santiago tentarán pór en marcha un proxecto innovador con cinco euros de capital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os participantes en Yuzz Santiago tentarán pór en marcha un proxecto innovador con cinco euros de capital

Redacción
Publicado: 13/02/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

yuzz_santiago-3.jpgO Centro Yuzz Santiago impulsa e promove a celebración este martes en Compostela dun desafío innovador (innovador tanto na forma, coma no contido, coma na meta a perseguir). Trátase, máis en detalle, do Reto dos 5 euros, unha simulación empresarial exprés na que os corenta participantes da aceleradora de proxectos innovadores Yuzz Santiago, divididos en equipos de dúas persoas, terán que enxeñar un modelo de negocio innovador e potencialmente rendible a partir dos mínimos recursos. Neste caso, un capital semente de cinco euros. Os ingredientes, a parte deste orzamento de partido, terán que ser cadanseu maxín e creatividade.
O método do desafío, ideado por Tina Seeling (directora executiva do Standford Technology Ventures Program (STVP) na Universidade de Standford), parte da base de esixir aos participantes uns prazos e un emprazamento concreto de traballo, xeralmente unha zona altamente comercial e transitada dunha cidade. Tendo en conta isto, Yuzz Santiago elixiu para a actividade do martes a rúa Algalia de Arriba como “enclave estratéxico”. Concretamente a contorna do número 29 e no horario que vai das 16.00 ás 20.00 horas. As/os vencedoras/es do reto serán aqueles participantes que máis diñeiro gañen co capital devandito e o seu enxeño. A asociación de comerciantes de Compostela Monumental colabora coa cesión do local e coa difusión da proba nos medios e comercios do casco vello.
Como lembraremos, o programa Santander Yuzz Xente Nova con Ideas, no que se insire Yuzz Santiago, é unha oportunidade para formarse de maneira gratuíta e adquirir habilidades profesionais e os coñecementos precisos para sacar adiante unha idea empresarial innovadora e de base tecnolóxica, da man de expertos de primeiro nivel. Xunto á formación presencial en innovación, liderado, finanzas, mercadotecnia ou modelos de negocio, entre outros contidos, hai un equipo de titores que se encarga de asesorar aos participantes durante todo o programa.
Unha vez finalizado o proceso de formación, os mellores emprendedores de cada un dos centros viaxarán a Silicon Valley, en palabras dos organizadores do programa “a meca mundial da innovación”.
Ademais, o tres mellores proxectos de todo o ámbito estatal recibirán unha dotación económica para axudarlles a pór en marcha o seu negocio: 30.000 euros para o primeiro premio, 20.000 euros para o segundo e 10.000 euros para o terceiro; ademais dos premios nacionais outorgarase o premio Yuzz Muller dotado con 20.000 euros.
Este Programa está promovido por Banco Santander a través de Santander Universidades e coordinado polo Centro Internacional Santander Emprendemento (CISE) e conta coa colaboración, a nivel local, da Universidade de Santiago de Compostela e da Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia. O programa desenvólvese en máis de 50 cidades con centros de formación propios en cada localidade. Nel participan, tamén, A Coruña e máis Lugo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?