Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ourense acollerá un congreso sobre drons e sobre as súas aplicacións na nosa terra, DIC Galicia’17
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ourense acollerá un congreso sobre drons e sobre as súas aplicacións na nosa terra, DIC Galicia’17

Redacción
Publicado: 13/02/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

congreso_drons_dicgalicia.jpgA Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación (AGGETT), entidade profesional de recente creación, vai organizar os días vindeiros un interesante e ambicioso encontro sobre as posibilidades dos vehículos aéreos non tripulados, coñecidos como UAV ou drons. O congreso DIC Galicia”17 celebrarase na cidade de Ourense os días 31 de marzo, 1 e 2 de abril. A idea de AGGETT é a de “ofrecer mesas redondas nas que se falará da lexislación neste ámbito dos vehículos aéreos, do futuro do sector e das súas aplicacións por parte das firmas e entidades da nosa terra”. Ademais, o evento centrará parte do seu programa en casos concretos de uso e integración tecnolóxica dos drons. A maiores, haberá unha competición e máis un obradoiro de tecnoloxías aéreas a disposición do público en xeral.
O congreso, que xa ten programa provisional para informarnos dos principais contidos a tratar e, tamén, dos persoeiros que formarán parte das actividades, inaugurarase o venres 31 cunha sesión de apertura oficial na que intervirán Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, José Javier Medina, decano-presidente do COGITT, José Manuel Martínez Pérez, presidente da AGGETT e delegado destas entidade en Galicia.
A continuación arrincarán diferentes mesas de presentacións a cargo de relatores expertos, entre os que se contan representantes de AESA, a Asociación Española de Drons (AEDRON), o Colexio de Enxeñeiros Xeomáticos da Comunidade de Madrid, a Garda Civil en Galicia, a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, a Escola de Enxeñaría de Aeronáutica e do Espazo da UVigo. Tamén se darán a coñecer presentacións de aplicacións profesionais a cargo de empresas como EGATEL, Prosegur (DroneService) ou Marine Instruments.
O evento, que se vai desenvolver en ExpoOurense, contará co patrocinio do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación, o COITT. Colaboran Caldaria e ExpoOurense.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?