Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A AELG e o Campus de Ourense celebrarán o Día de Rosalía con videopoemas nas redes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A AELG e o Campus de Ourense celebrarán o Día de Rosalía con videopoemas nas redes

Redacción
Publicado: 14/02/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

diaderosaliadecastro_96.jpgFinalmente a proposta da AELG para celebrar a figura de Rosalía de Castro con videopoemas e nas redes sociais é xa unha realidade confirmada. Así nolo conta a propia Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega, que conmemora este 24 o Día de Rosalía e, co obxecto de conectar ao máximo coas novas xeracións, decidiu facelo cunha clara vertente dixital e participativa. Unha das principais actividades a desenvolver baixo a etiqueta RosalíaTe é un concurso de videopoemas de 20 segundos. A través deste certame, no que colabora o Campus de Ourense (UVigo), a comunidade universitaria presentará unha gravación feita co móbil e na que cada participante recibirá un breve texto da autoría da escritora de Padrón. Os traballos seleccionados incluiranse nun audiovisual que se presentará o 24 de febreiro nas instalacións da Biblioteca Rosalía de Castro e exhibirase logo na páxina web da Vicerreitoría do Campus de Ourense e nas redes sociais.
Por certo que tanto o Twitter da AELG como o Facebook son xa, dende hai semanas, un fervedoiro de actividades de conmemoración da senlleira escritora galega e, por extensión, da nosas letras. O mesmo podemos dicir de YouTube.
Cómpre lembrar que a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega celebra desde 2011, coa implicación de todo tipo de entidades, o Día de Rosalía. Este ano, baixo o título RosalíaTe, propuxo actividades nas que se coñeza, recoñeza, recree e actualice a obra da autora de Follas Novas e, a través dela, fomentar a conciencia como pobo, “especialmente entre as xeracións máis novas”.
O Campus de Ourense, como dixemos, quixo unirse co seu apoio ao “movemento social de base ao redor do Día de Rosalía este ano que se cumpre o 180 aniversario do seu nacemento”. E fíxoo cunha serie de iniciativas, como son a devandita convocatoria do concurso de videopoemas ou a celebración dun acto de conmemoración o día 24 de febreiro na Biblioteca Rosalía de Castro. Nestas actividades participan a Vicerreitoría do Campus de Ourense, a Biblioteca Rosalía de Castro, a Facultade de Ciencias da Educación e a Área de Normalización Lingüística.
rosaliate_noite.jpg Volvendo ao certame poderá presentarse calquera persoa de xeito individual ou colectivo pertencente á comunidade universitaria da Universidade de Vigo, podendo enviarse só un traballo por persoa. A duración da videogravación non excederá os 20 segundos, sendo o fragmento elixido e a temática totalmente libres. O vídeo gravarase cun teléfono móbil coa maior resolución posible e en horizontal, aconsellándose os formatos mp4, mov, mpg, avi e wmv. Ademais, gravarase un plano fixo, sen facer zoom nin movementos bruscos, e en cor ou en branco e negro.
Co gallo de “incidir na accesibilidade universal e a integración social”, nas bases do certame indícase que “pode resultar suxestivo” incluír a linguaxe de signos ou a escrita nas propostas, citando como exemplo escribir algunha palabra ou verso en cartolinas que sexan lexibles ou nalgunha parte do corpo.
Un xurado nomeado pola Vicerreitoría do Campus de Ourense seleccionará os traballos pola “súa calidade, orixinalidade e capacidade para visualizar as partes da obra de Rosalía menos populares”. Os premios consistirán en lotes de libros, de discos e de elementos publicitarios do Campus. Os traballos seleccionados incluiranse nun audiovisual que se presentará o 24 de febreiro nas instalacións da Biblioteca Rosalía de Castro durante a celebración do Día de Rosalía e exhibirase logo na páxina web da Vicerreitoría e nas redes sociais. Os traballos poden enviarse ata o día 21 de febreiro de 2017.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?