Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta amplía a cobertura da Rede Dixital de Emerxencias de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta amplía a cobertura da Rede Dixital de Emerxencias de Galicia

Redacción
Publicado: 14/02/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Un dos obxectivos é facer máis eficaz a loita contra os incencios forestais en zonas rurais
Un dos obxectivos é facer máis eficaz a loita contra os incencios forestais en zonas rurais
A Xunta de Galicia vén de ampliar a cobertura territorial e demográfica da Rede Dixital de Emerxencias de Galicia (RESGAL), xestionada pola axencia AMTEGA a través do operador público RETEGAL. O obxectivo destes traballos foi, en palabras destas entidades, “facer especial fincapé nas zonas con maior risco de incendio”. A ampliación incluíu a instalación de 25 novas estacións radio base, 4 repetidores e unha nova estación transportable. Con isto, explican, minimizáronse nun 34% as zonas de sombra no conxunto da Comunidade e en máis dun 44% nas 565 parroquias identificadas como de alto risco de incendio.
Segundo informan AMTEGA e RETEGAL, o reforzo das infraestruturas de RESGAL amplía o seu radio de acción en máis de 145.000 hectáreas, “o que lle permite alcanzar o 90% do territorio e o 96,5% da poboación”. En termos máis concretos, incrementouse a cobertura da Rede en localidades de máis de 1.000 habitantes e nos hospitais de Barbanza (Ribeira) e Burela.
Ademais, co obxectivo de incrementar as medidas para a prevención de incendios, RETEGAL e o Servizo de Prevención e Detección de Incendios Forestais desenvolverán ao longo do primeiro semestre do ano “unha serie de iniciativas tecnolóxicas innovadoras” no ámbito da videovixilancia e na aplicación de sistemas de seguimento e detección temperá de incendios zonas de alto risco. Para iso instalaranse en infraestruturas de RETEGAL sensores, sistemas de detección de fume, calor.. e cámaras de visión con rotación en 360º que permitirán, en palabras do operador público autonómico, “localizar de xeito preciso o foco do incendio e xerar alertas de xeito automático”.
RESGAL, como lembraremos, é froito dun convenio de colaboración entre a Consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería do Medio Rural, a axencia AMTEGA e a entidade pública estatal Red.es. Entrou en funcionamento en 2015 como unha rede única para todos os colectivos que participan na resolución das emerxencias. A finalidade de RESGAL é “facilitar e simplificar a coordinación entre todos eles, empregando a tecnoloxía máis avanzada neste tipo de redes”.
A día de hoxe están a empregar RESGAL efectivos da AXEGA, da Policía Autonómica, do 061, do 112, do Servizo de Protección e Defensa contra Incendios Forestais, dos Consorcios de Bombeiros, e efectivos de emerxencias de 116 concellos, que xa se adheriron á Rede.
Estes efectivos empregan dispositivos móbiles adaptados a condicións extremas. A Administración autonómica adquiriu xa máis de 5.348 terminais.
Sinalar tamén que RESGAL emprega tecnoloxía TETRA, que sería en palabras de RETEGAL “a tecnoloxía máis punteira para este tipo de comunicacións, que garante a súa dispoñibilidade cando o resto de redes de telefonía móbil colapsan”. Este sistema, engade, “caracterízase pola súa fiabilidade incluso en situacións extremas ou de saturación; e, a diferenza dos sistemas convencionais, posibilita a realización de chamadas en grupo, tanto dentro dunha mesma organización, como entre dispositivos de distintas organizacións que nun intre dado poidan estar traballando de maneira conxunta nunha mesma emerxencia”. A tecnoloxía multiplica por cinco a velocidade de datos con respecto ás redes de emerxencia habituais e posibilita a incorporación de diversos servizos como a xeolocalización en tempo real da posición de todos os dispositivos de emerxencia vía GPS.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?