Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 160 mozas e mozos participan este sábado na First League Galicia en Ferrol
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 160 mozas e mozos participan este sábado na First League Galicia en Ferrol

Redacción
Publicado: 14/02/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

first_lego_league-3.jpgEstes sábado 18 celébrase en Ferrol a proba First Lego League Galicia. A cita, que se levará a cabo no auditorio ferrolán, vén da man da Universidade da Coruña, a través da Escola Universitaria Politécnica, a Facultade de Informática e a Escola Politécnica Superior de Ferrol. Segundo informan, a First Lego League, unha iniciativa internacional que promove a ciencia e a tecnoloxía na mocidade (a través de retos concretos que os equipos deben solucionar), é hoxe por hoxe o “meirande desafío de robótica educativa do mundo”, e a edición ferrolá será unha boa proba deste despregue de enxeño, creatividade e participación. Contará coa presenza de 161 rapaces procedentes de centros escolares de toda a nosa xeografía.
Nesta proba galega, clasificatoria para a gran final española que se celebra o 18 de marzo en Logroño, poderase ver polo miúdo a particular metodoloxía posta en xogo nos certames First Lego League: unha metodoloxía na que o proceso é máis importante có resultado (os criterios que máis se valoran son os traballos dos equipos e como fan eses traballos, salientándose en todo intre a importancia da experiencia como recurso de ensino). O desafío que teñen que resolver nesta ocasión os participantes (mozas e mozos da comarca ferrolá e do resto de Galicia e con idades comprendidas entre os 10 e os 16 anos) recibe o nome de Animal Allies. En virtude deste reto, os equipos poñeranse na pel de animais para descubriren “o que se consegue cando se axudan uns aos outros”, explican os organizadores. O obxectivo último, amais de fomentar hábitos de traballo colectivo e creativo, é tomar conciencia da importancia de protexer os dereitos dos animais.
First Lego League Galicia terá lugar integramente no Auditorio de Ferrol, onde se habilitarán catro salas, a zona PIT, e o auditorio. Dará comezo ás 9:30 e rematará ás 14:30 horas. Participan alumnos de colexios de toda a Comunidade (Ferrol, Fene, Valdoviño, Ortigueira, San Sadurniño, A Coruña, Culleredo, Ourense…).
Na páxina web de FLL Galicia pódese consultar toda a información relativa ao torneo clasificatorio que se celebrará este sábado e que reunirá a decenas de mozos galegos. Tamén están presentes en Facebook, Twitter e Instagram.
Datos sobre a edición estatal
Arredor de 12.000 mozos de toda España traballarán en equipo nestas probas por Comunidades. A nivel internacional, fano máis de 250.000 estudantes de 88 países de todo o mundo. Segundo informan os organizadores da competición galega, España é o país de Europa con maior número de equipos, con 31 torneos de clasificación, máis de 1.600 equipos e 12.000 participantes. Todos eles veranse ante o desafío común de resolver problemática reais e presentar solucións creativas para salvaren a vida dos animais. En Galicia serán 23 equipos e 161 participantes.
A iniciativa First Lego League está impulsada en España, desde o ano 2006, pola Fundación Scientia, que en colaboración con universidades, parques tecnolóxicos e entidades de promoción da innovación, organiza o programa por todo o territorio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?