Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Paideia e os festivais galegos impulsan a creación dunha plataforma de concursos de maquetas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Paideia e os festivais galegos impulsan a creación dunha plataforma de concursos de maquetas

Redacción
Publicado: 16/02/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

sonidos_mans.jpgA Fundación Paideia, a través de Estudios Mans, vén de lanzar sonidosmans.com, unha plataforma web destinada a impulsar e celebrar concursos de maquetas para, en última instancia, dar a coñecer novos artistas perante público e axentes contratadores. A web, de alcance español e portugués, levouse a cabo en colaboración con importantes festivais de ámbito galego, como son Portamerica, SonRías Baixas, SinSal Son Estrella Galicia, Revenidas, Atlantic Fest e O Marisquiño. Os grupos e artistas interesados en participar nas roldas de votacións en liña deben presentar os seus traballos a través da web, desde o 15 de febreiro ata o 28 de abril de 2017.
Segundo informa Paideia, cada participante terá que seleccionar o concurso de maquetas do festival no que estean interesados en participar, tendo en conta os estilos musicais definidos para cada un deles. Poderán participar artistas con residencia tanto en España como en Portugal, que presenten temas inéditos en letra e música e que non editen ou distribúan con anterioridade ningún traballo.
O sistema de votación para cada un dos concursos consta dunha primeira fase que se realizará a través dun sistema de votación popular. O dez seleccionados nesta primeira etapa, pasarán a unha segunda fase na que un xurado profesional elixirá os gañadores (dous por cada concurso de maquetas), que poderán formar parte do cartel do festival no que resulten seleccionados, ademais de ter a oportunidade de gravar un EP en Estudios Mans.
Esta plataforma, dirixida a grupos e artistas noveis, enmárcase dentro do eixo de emprendemento cultural de Fundación Paideia, que ten como finalidade “a promoción da creatividade artística e a posta en valor do talento de mozos emprendedores do sector musical”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?