Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae formará a importantes empresas de Galicia en programación web avanzada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae formará a importantes empresas de Galicia en programación web avanzada

Redacción
Publicado: 16/02/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vitae_nova_web_xaneiro_2017-2.jpgNos vindeiros meses a consultora Vitae, especializada en fornecer formación tecnolóxica avanzada, dará comezo a unha nova andaina no seu labor de posta a punto e actualización dos nosos coñecementos sobre tendencias, recursos e ferramentas dixitais. Será, en palabras da consultora galega, unha etapa importante no labor formativo de seu, xa que porá de manifesto a confianza que teñen as nosas empresas e organizacións galegas na eficacia e potencialidade dos seus obradoiros. Nesta nova andaina de Vitae, de feito, participarán importantes compañías e entidades da nosa terra, poñendo en mans da consultora a formación dos seus profesionais en programación web avanzada.
Neste ámbito, Vitae amosará os segredos de ferramentas como como Angular2, que ten vocación de saír do navegador e conquistar os servidores, escritorios e teléfonos móbiles; React, desenvolvida e mantida por Facebook e mergullada un proceso de rápido crecemento; ou Ionic2, que segundo sinala Vitae “é con moita diferenza o SDK (nas súas siglas en inglés, kit de desenvolvemento de software) de xeración de aplicacións móbiles multiplataforma máis utilizado no mercado”.
Ademais, a consultora galega afondará en técnicas de investigación e captura de requirimentos xunto con responsables de departamento e xefes de proxecto para mellorar a efectividade á hora de tratar con clientes e/ou usuarios.
Na liña do mencionado, Vitae fai saber que unha Universidade galega vén de solicitarlle formación e asesoramento no ámbito da xestión de servizos TI, unha disciplina que ten como obxectivo sentar os alicerces para a atención axeitada das necesidades dos usuarios dos servizos dixitais. E faino establecendo canles e regras básicas para a atención, a partir de definicións compartidas entre usuarios e técnicos dos conceptos de servizo, incidencia, petición, autorización, etc. “Todo isto”, explica Vitae, “utilizando como referencia un modelo de boas prácticas na xestión das TI”.
Todo o devandito confirma que Vitae continúa coa súa misión de mellorar a formación e capacitación dos nosos profesionais e empresas no sector das novas tecnoloxías centrándose na mesma medida nos aspectos humanos e organizativos que nos aspectos tecnolóxicos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?