Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica desenvolverá a nova transición dixital da CRTVG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica desenvolverá a nova transición dixital da CRTVG

Redacción
Publicado: 17/02/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tsa_mesturador.jpgTelefónica dará soporte á Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) na produción e emisión de contidos dixitais durante os vindeiros 6 anos, tras resultar adxudicataria recentemente do concurso convocado para a renovación da plataforma de produción dixital.
Telefónica de España en estreita alianza con Telefónica Servizos Audiovisuais (TSA), a empresa do grupo Telefónica especializada en ofrecer servizos e solucións para o sector audiovisual, será a encargada de integrar a nova tecnoloxía dixital nas instalacións de CRTVG. Ocuparase tamén do seu mantemento e da subministración de equipos completos de cámaras de captación de novas, así como da dixitalización de ao redor de 1.500 horas de imaxes do arquivo histórico da Televisión de Galicia.
O proceso de implementación, de gran dimensión e complexidade técnica, abrangue todos os elos da cadea de produción televisiva (redacción de informativos e programas e delegacións territoriais, sistemas de edición, documentación e arquivo…) e supón un profundo cambio no actual modelo de traballo. Permitirá a adaptación do ente público aos cambios xurdidos no sector nos últimos anos, coa irrupción da televisión conectada a Internet, as segundas pantallas ou o uso das redes sociais para acceder e compartir contidos multimedia.
tsa_pantallas.jpgO primeiro ano de traballo destinarase á posta en marcha do novo sistema dixital, cuxo principal obxectivo é avanzar na transformación tecnolóxica da Corporación, facilitando así o seu labor informativo ao dotar aos traballadores de novos instrumentos que axilicen o acceso á información, permitan a compartición instantánea de materiais audiovisuais e garantan a preservación dos fondos documentais.
Trátase dunha plataforma de produción dixital de alto rendemento e gran fiabilidade técnica, dotada con mecanismos de redundancia e seguridade de datos, e que se integrará de forma estrutural en todas as áreas da Televisión de Galicia, tráfico de materiais, xestor de contidos da web corporativa, etc.-.
A súa solución de almacenamento destaca pola súa compatibilidade con diferentes sistemas de edición, xestión, distribución, arquivado e emisión de contidos multimedia, como NCRS, PAM, MAM, e suporá tamén melloras na organización de recursos, automatización de contidos, redución dos tempos de traballo ou xestión de permisos.
TSA encargarase tamén de formar a máis de 700 profesionais da Corporación no manexo dos novos programas, a través dun completo programa formativo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?