Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un estudo ourensán lembra que o ciberabuso na mocidade vén sobre todo da man dos mozos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un estudo ourensán lembra que o ciberabuso na mocidade vén sobre todo da man dos mozos

Redacción
Publicado: 17/02/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_maria_victoria_carrera.jpgO acoso a través das canles dixitais en calquera das moitas manifestacións (ciberbullying, sexting, etc) está a ser fondamente estudado polas investigadoras da nosa terra. Un bo exemplo de análise pormenorizado destas prácticas vén de chegar da man de María Victoria Carrera, profesora da Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense, quen aborda nun estudo estes fenómenos desde unha perspectiva na que se atende tamén ás dimensións de xénero e etnia. Entre as principais conclusións do seu exhaustivo informe figuran, entre outras, as seguintes: as mensaxes ferintes ou ameazantes son hoxe por hoxe a principal manifestación do ciberacoso nas nosas vilas e cidades; ademais, os principais responsables das mensaxes insultantes, violentas ou denigrantes son os mozos. Por outra banda, medran ao abeiro das canles TIC as actitudes racistas e sexistas.
No estudo, financiado na convocatoria de axudas a proxectos de investigación INOU2016, participaron 623 adolescentes da cidade de Ourense, un 53% mozas e un 47% mozos, escolarizados nos dous últimos cursos de Educación Secundaria Obrigatoria do curso escolar 2016/2017, sendo a media de idade de 14.73 anos. O obxectivo xeral da investigación, en palabras da autora, oriéntase ao estudo da permanencia do ciberbullying, así como “a influencia dos estereotipos de xénero e as actitudes sexistas cara a diversidade sexual e etnocentristas na participación como agresor ou agresora nos diferentes tipos de malos tratos entre iguais”.
Segundo apunta a investigadora, todas as condutas de abuso e ciberabuso estudadas prodúcense nos centros escolares ourensáns, cunha relación inversa entre as condutas máis severas e a súa manifestación. En relación ao acoso por teléfono móbil ou Internet as situacións con maior incidencia detectadas son enviar mensaxes ameazantes ou insultantes a outras persoas; escribir brincadeiras, rumores, chismes ou comentarios que poñen en ridículo a un compañeiro ou compañeira; difundir segredos, información ou imaxes comprometidas de alguén; pendurar ou enviar imaxes de compañeiros ou compañeiras que poden ser humillantes; apartar a alguén de modo intencional dun grupo nunha rede social ou enviar a outras persoas ligazóns con rumores ou dixomedíxomes sobre un compañeiro ou compañeira.
No que atinxe o ás situacións de ciberabuso con menor incidencia son “gravar vídeos ou facer fotos a un compañeiro ou compañeira nalgún tipo de comportamento de carácter sexual ou mentres é golpeado ou humillado por outras persoas, e pendurar ou enviar estes vídeos e imaxes”. A incidencia detectada, apunta, “é semellante á doutros estudos que a analizaron”.
Como dixemos, no estudo certifícase que eles son máis violentos e abafantes ca elas. En cuestión de vítimas e da súa perpetuación, pola contra, a investigación non achou diferenzas significativas en función do xénero, aínda que se observan maiores niveis de “vitimización” por acoso nos mozos, mentres que no caso do ciberacoso as puntuacións son maiores nas mozas. Ademais, engade María Victoria Carrera, “os mozos apoian máis significativamente ao agresor ou agresora mentres que as mozas apoian máis significativamente ao defensor ou defensora da vítima”.
Como conclusión do estudo, a investigadora recalca como “estes datos poñen de manifesto que para previr o fenómeno do ciberbullying é preciso levar a cabo programas educativos inclusivos que promovan a empatía e a ética do coidado, actitudes non sexistas, así como actitudes positivas cara a diversidade sexual e cultural”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?