Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Colle corpo a cuarta edición de HackforGood, de novo con sede na UVigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Colle corpo a cuarta edición de HackforGood, de novo con sede na UVigo

Redacción
Publicado: 20/02/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_hackforgood-vigo.jpgA cuarta edición do HackforGood recunca en Vigo entre o 9 e o 11 de marzo. Será, unha vez máis, un espazo para a colaboración, o enxeño e a creatividade ao servizo do ben común e as causas en solidarias en calquera das súas moitas manifestacións (de aí precisamente o de “hack for good”, algo así como “hackear en positivo”). Serán, en palabras da Universidade de Vigo (entidade co-organizadora da vertente galega de HackforGood), tres días de traballo intensivo, tanto de deseño como de programación. O evento chega á súa quinta edición, promovido por Telefónica a nivel estatal.
A carón da operadora de telecomunicacións atópanse a ETSI de Telecomunicación da Politécnica de Madrid, a Fundación HazloPosible e a start-up MashmeTV, co apoio da Rede de Cátedras Telefónica, entre elas, a da Universidade de Vigo. O evento celebrarase de maneira conxunta en 15 sedes de todo o Estado e conta coa participación activa de máis de 20 universidades. “A aposta é pola innovación social”, explican dende a UVigo, salientando que por este motivo os organizadores procuran entre o alumnado “respostas, creatividade, I+D, deseño, etc. que se convertan en aplicacións tecnolóxicas que acheguen solucións a demandas sociais, a unha serie de retos que pode presentar calquera persoa”. A UVigo tamén lembra que “todos os perfís son benvidos, xa sexan técnico, deseñador, emprendedor, psicólogo, educador, sociólogo, etc.”.
Durante os tres día de duración deste evento tecnolóxico, cada grupo creará e deseñará a súa propia resposta a un dos retos propostos (o prazo para a inscrición aínda está aberto). A previsión é chegar aos 100 inscritos, indo alén das cifras da pasada edición, na que xa se dobraron as de 2015. Na pasada edición, entre toda as sedes, participaron 1.000 hackers, presentáronse 300 retos e desenvolvéronse máis de 120 proxectos nas 14 sedes repartidas ao longo da xeografía española.
O galardón principal do certame, o Premio HackForGood Global, ofrece 8000 euros ao equipo dunha das 15 sedes que desenvolva a mellor solución a un dos retos propostos, atendendo a criterios como a creatividade e innovación da solución proposta, o grao de acabado da mesma e a súa pegada social. O gañador elixirase entre os tres gañadores de cada unha das fases locais e outorgarase un segundo premio de 3.000 e outro terceiro de 1.000. Tamén a nivel global concederanse os premios Think Big (un en cada sede) e o Premio Telefónica Open Future, así como varios galardóns formativos. Ademais entregaranse premios temáticos á Innovación Social, á Innovación Tecnolóxica e ao Desenvolvemento Sostible, dotados cada un con 500 euros.
De maneira complementaria ao hackathon, os participantes poderán participar en actividades formativas e relatorios tanto dende Vigo como dende outras sedes vía Internet. O venres 10 teremos a oportunidade de escoitar a Chema Alonso, actualmente CDO (Chief Data Officer) de Telefónica, que intervirá dende Madrid para falar sobre información masiva e o impacto das tecnoloxías da información na sociedade. O día antes, o xoves, abrirase o HackforGood 2017 cunha conferencia titulada Videoxogos, da idea á pantalla, unha breve viaxe polo deseño, desenvolvemento e distribución dun produto de entretemento interactivo que impartirá a profesora da Universidade de Vigo Beatriz Legeren e o produtor de videoxogos e socio director da empresa Gato Salvaje, Fernando Prieto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?