Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega Improving Metrics amosará os seus achados en Big Data no Mobile World Congress
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega Improving Metrics amosará os seus achados en Big Data no Mobile World Congress

Redacción
Publicado: 21/02/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mobile_world_congress_big_data.jpgImproving Metrics, compañía galega centrada na analítica de datos e o desenvolvemento de ferramentas baseadas na análise de Big Data (información masiva), vai estar presente na nova edición do Mobile World Congress, no Pavillón de España, amosando o potencial da nosa terra en materia de aproveitamento da información dixital. Como lembraremos, o salón Mobile World Congress abrirá as súas portas o 27 de febreiro e ficará aberto ata o 2 de marzo, na Fira de Barcelona, dando acubillo á presentación ante o mundo de máis de 60 empresas innovadoras do ámbito estatal (incluída a coruñesa Improving Metrics).
Este grupo de empresas dará conta de todo tipo de achados innovadores nos máis puxantes eidos e sectores: Cidades Intelixentes, ciberseguridade, Internet das Cousas (IoT), Industria 4.0, tecnoloxías da linguaxe, aplicacións da saúde, computación na nube, información inxente ou educación dixital.
Improving Metrics presentará os seus fitos e liñas estratéxicas a través do relatorio Improving Metrics: Máis aló da analítica dixital, o martes 28 de febreiro, ás 18:00h, no Pavillón de España.
A compañía naceu en 2011 e ten xa sedes na Coruña, Barcelona e Madrid. Os seus servizos están orientados a converter os datos dixitais “en coñecemento práctico e útil”, información enfocada á consecución de obxectivos e á axeitada toma de decisións dentro da empresas. O seu equipo fornece servizos a grandes empresas de máis de 40 países, axudándoas en materia de estudo pormenorizado de datos ou optimización de negocio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?