Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo achegará ao persoal de administración a xestión avanzada de redes sociais e mercadotecnia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo achegará ao persoal de administración a xestión avanzada de redes sociais e mercadotecnia

Redacción
Publicado: 21/02/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_cursos-2.jpgSaber xestionar as redes sociais e a mercadotecnia nas empresas e nas institucións é algo vital para comunicarse a través dos medios dixitais a día de hoxe. Tomando boa nota disto, a Universidade de Vigo levará a cabo un curso titulado: Como pode participar o teu servizo/unidade nos medios sociais? Planifica e deseña a túa web e o teu plan de márketing, unha actividade encamiñada ao persoal de administración e servizos co obxectivo de tratar todo o relacionado cos medios sociais de cara ao desenvolvemento do seu traballo á fronte dun centro ou unidade, posto que “todos os servizos utilizan internet como unha fiestra coa que darse a coñecer aos seus usuarios internos e externos”, explica Alfredo Moreno, docente da Universidade Politécnica de Valencia, e un dos encargados de impartir o curso.
A dita actividade, que terá 36 horas de duración e levarase a cabo na sala catro do edificio Miralles, os días 13, 14, 16, 17 e 20 de marzo, posuirá un enfoque práctico. Segundo Moreno, o seminario pretende “concienciar de que se participa dun proxecto común de comunicación e mercadotecnia baixo o acubillo da Universidade de Vigo”, para o cal se ensinarán contidos como deseño web, estratexias de comunicación dixital e xestión de redes sociais. “Coñecer o efecto do que estamos dicindo nunha rede social, ou saber a repercusión do cambio de deseño dunha páxina web, axudará a tomar decisións axeitadas para acadar os nosos obxectivos”, explica o docente. Xunto a Moreno, os profesores Luisa Cerezuela e Daniel Robles, tamén da Universidade Politécnica de Valencia, son os outros dous especialistas en medios sociais, identidade dixital e deseño gráfico.
Na actividade formativa farase fincapé en recursos para facer seguimento resultados nas devanditas plataformas, para obter coñecementos sobre arquitectura da información nunha web e sobre como xestionar canles de comunicación instantánea como Telegram ou Whatsapp. O obxectivo é “que cada unidade de servizos da Universidade participe e xestione de maneira eficiente as súas redes sociais e que saiban planificar, executar e medir as accións de comunicación e márketing”.
O prazo de inscrición do curso, que se impartirá en horario de 08.30 a 14.30 horas e que ten un máximo de 30 prazas, ficará aberto ata o 24 de febreiro, e poderá formalizarse a través da plataforma dixital Bubela.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?