Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula Tecnolóxica de Pontevedra achéganos ao deseño responsive e á edición de contidos dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula Tecnolóxica de Pontevedra achéganos ao deseño responsive e á edición de contidos dixitais

Redacción
Publicado: 22/02/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_aula_tecnoloxica_pontevedra.jpgA Aula Tecnolóxica do Campus de Pontevedra quere pornos ao día en materia de deseño “responsivo”, ou sexa, deseño con capacidade para adaptar as páxinas web a diferentes soportes e resolucións, permitindo a súa visualización en calquera circunstancia. Máis en detalle, achegar as claves do deseño de webs responsivas a través das modelos Bootstrap é o alicerce dun novo curso da devandita Aula que arrinca o 3 de marzo, de balde e en aberto. “A día de hoxe navégase máis desde o móbil que desde un ordenador, polo que unha web que non se vexa nun teléfono está perdendo a maioría do seu público”, salienta o deseñador gráfico Alberto García Ariza, responsable de impartir este obradoiro, que, por certo, mantén aínda aberto o seu prazo de preinscrición a través da plataforma Bubela.
O único requirimento que se nos pide para participarmos no curso é ter coñecementos de linguaxes HTML e CCSS. Desenvolverase entre o 3 e o 24 de marzo fornecendo un máximo de 20 prazas. O curso estará centrado nunha das ferramentas máis habituais para dotar ás webs desa capacidade de adaptación: a ferramenta Bootsrap, en palabras de García Ariza “un conxunto de estilos e funcionalidades que podemos aplicar á nosa web”. Ao fío disto, “explicar como se poden utilizar eses estilos que xa existen e como podemos modificalos para que se adapten ao noso deseño, xa que hai moitas páxinas nas que se traballa con Bootstrap e non son todas iguais”, constitúen en palabras de García Ariza os obxectivos centrais deste curso de doce horas.
Abertas todos eles a calquera persoa interesada, a programación de actividades promovida pola Vicerreitoría para a súa Aula Tecnolóxica abrangue entre marzo e maio outros catro cursos de doce horas, que se desenvolven en catro ou seis sesións en horario de tarde. Así, entre o 7 e o 16 do vindeiro mes, chegará a quenda de iniciarse no deseño e retoque de imaxes con software libre, nunha actividade impartida polo profesor de CCSS e da Comunicación Luis Fernández, que abrirá o vindeiro luns 27 a súa inscrición.
Xa en marzo, o día 17 dará inicio a preinscrición o obradoiro Edición de vídeo con software gratuíto: Blackmagic Davinci Resolve, que impartirá entre o 27 de marzo e o 5 de abril Alfonso Merino, mentres que a partires do 23 do vindeiro mes será posible inscribirse en Introdución ao retoque fotográfico con Adobe Photoshop, unha actividade impartida tamén por García Ariza que se desenvolverá entre o 31 de marzo e o 28 de abril e dedicada á afondar “desde cero, nun curso introdutorio” nas múltiples funcionalidades dun programa “que empregan tanto deseñadores gráficos, como ilustradores ou arquitectos”.
Este programa formativo pecharase, entre o 18 de abril e o 4 de maio con Deseño dun e-Portfolio, un curso impartido polo profesor José Vicente Novegil que abrirá a súa inscrición o 4 de abril e dirixido a achegar ao alumnado unha serie de destrezas tecnolóxicas e metodolóxicas que lles permitan elabora e utilizar este dossier como expresión da súa experiencia académica e profesional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?