Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O programa Principia busca reter talento investigador en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

O programa Principia busca reter talento investigador en Galicia

Redacción
Publicado: 22/02/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20170222_gain_02.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, mantivo esta mañá unha reunión con representantes de entidades beneficiarias da convocatoria de 2016 do programa Principia, xuntanza que tiña como obxectivo recoller a opinión das entidades participantes (empresas, organismos públicos ou privados de investigación, universidades, fundacións e centros tecnolóxicos) e a súa experiencia no programa de cara a implementar melloras na convocatoria 2017 de dito programa.
Esta iniciativa da Xunta de Galicia ten o dobre obxectivo de favorecer a captación e retención de talento en Galicia e dotar ás empresas e centros de coñecemento de persoal cualificado que desenvolva proxectos de I+D+i, aumentando así a capacidade innovadora do tecido produtivo galego e, polo tanto, a competitividade na comunidade.
O programa Principia convocouse por primeira vez en xuño de 2016 e permitiu a contratación de preto de 140 mozas e mozos menores de 35 por parte de 57 empresas e organismos de investigación. A Xunta de Galicia achegou unha axuda de 10.000 euros por contrato, que debe ter unha duración mínima dun ano e unha dotación bruta anual mínima de 24.000 euros por beneficiario. O persoal contratado está a desenvolver a súa actividade en Galicia en tarefas de I+D+i aliñadas cos retos e prioridades da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3).
20170222_gain_01.jpgDe cara a 2017, a Xunta de Galicia busca fortalecer e mellorar esta convocatoria, primando o emprego de calidade, polo que se favorecerá a contratación indefinida, as mellores condicións salariais e a existencia de plans de formación nas entidades receptoras. Así mesmo, ten previsto incorporar unha nova liña que fomente a retención e captación do talento innovador nas nosas empresas e centros de coñecemento, tal como anunciou onte o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no Parlamento de Galicia.
Esta iniciativa complementa a outros programas que tamén tiveron gran impacto na captación e retención de talento en Galicia, como o programa Oportunius, os contratos programa con centros tecnolóxicos e fundacións sanitarias ou as Unidades Mixtas de Investigación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?