Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae salienta con dúas xornadas as vantaxes de sermos profesionais TIC con saúde
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae salienta con dúas xornadas as vantaxes de sermos profesionais TIC con saúde

Redacción
Publicado: 22/02/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

traballando_ordenador_computador_teclado_oficina.jpgO vindeiro mes de marzo, Vitae Consultores organiza na Coruña (o día 23) e en Vigo (o día 24) dúas xornadas en aberto centradas na saúde das persoas e organizacións. A intención da consultora tecnolóxica galega, moi centrada en actualizar os contidos dos nosos profesionais en relación coas máis avanzadas ferramentas e tendencias dixitais, é “mellorar a saúde das nosas empresas comezando pola dos seus empregados”, e todo isto “nun panorama cada vez máis competitivo onde hai aspectos que marcan a diferenza”. E o benestar de cada quen é sen dúbida un destes aspectos, explican dende Vitae.
O curso, de feito, vai dirixido a todos os empregados das organizacións do sector TIC (aínda que tamén doutros sectores lindeiros) preocupados pola súa saúde e motivados para aumentar a súa produtividade e rendemento no traballo, “sen importan cal sexa a súa función ou o seu nivel directivo. En palabras dos organizadores destas xornadas, “un pobre estado de saúde inflúe moi negativamente en procesos cognitivos clave no traballo diario dun líder”.
A persoa encargada de impartir estes contidos será o adestrador Gonzalo Álvarez Marañón. Ao longo das sesións fará fincapé nos que serían os catros piares da saúde profesional: comer “comida real”, movernos, descansar e meditar. Segundo avanza o adestrador, “só vivindo unha vida máis plena, rebordante de enerxía e con propósito, “produciremos un xiro importante nas organizacións”. E engade: “O cambio duradeiro non opera desde fóra, senón que se estende desde o interior.
Amais deste curso, Vitae tamén informa que este mes de marzo vai formar aos empregados “dunha importante entidade pública” en dirección e xestión de proxectos tecnolóxico-dixitais áxiles con Scrum. A esta actividade séguelle a organización de dúas máis en aberto, na Coruña e en Vigo: Programación Profesional de APP Multiplataforma con Ionic2 e Avaliación e Selección Avanzada de Perfís TI (e non TI) baseadas na Neurociencia.
Vitae continúa desta maneira confirmando e ampliando a súa misión de “mellorar a formación e capacitación dos nosos profesionais e empresas no sector TI centrándose na mesma medida nos aspectos humanos e organizativos que nos aspectos tecnolóxicos”. Trátase, en palabras da consultora-academia, de salientar (nin máis nin menos) “o lado humano da tecnoloxía”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?