Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GDG Ourense e a ESEI amosan ante un centenar de persoas o importante papel das comunidades de desenvolvedores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GDG Ourense e a ESEI amosan ante un centenar de persoas o importante papel das comunidades de desenvolvedores

Redacción
Publicado: 23/02/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_campus_ourese_desenvolvedores_comunidades.jpgOnte celebrouse no Edificio Politécnico do Campus de Ourense unha charla sobre as portas que se abren coas comunidades de desenvolvedores e o que estas poden achegar na formación tecnolóxica dose estudantes e dos novos profesionais. A cita, que veu da man do Google Developers Group Ourense e a ESEI (Escola Superior de Enxeñería Informática), contou coa presenza de máis dun centenar de asistentes. Polo encontro, presentado baixo o epígrafe High School Developers Parade #Ourense, pasaron estudantes de ciclos de formación profesional acompañados polos seus docentes, alumnado e profesorado universitario, profesionais do eido tecnolóxico e persoas interesadas na temática abordada. Foi inaugurado por Virxilio Rodríguez, vicerreitor do Campus, e Francisco Javier Rodríguez, director da Escola Superior de Enxeñaría Informática. Tamén contou coa presenza de Germám Veras, organizador do obradoiro xunto a Toni Martínez, ambos do Google Developers Group Ourense.
As conferencias do High School Developers Parade #Ourense comezaron cunha intervención de Andrés L. Martínez, enxeñeiro informático e coordinador dos grupo de desenvolvedores de Google para España e Portugal. Segundo fixo saber, “para aprender ou estudar certo tipo de tecnoloxía, como as máis novidosas, que non entran na educación regrada, as comunidades son moi útiles para formarse e ter máis opcións de emprego”. E engadiu: “As comunidades son unha opción excelente de complementar a vosa formación”. Para ilustrar esta importancia crecente das communitys dixo que boa parte da “innovación tecnolóxica vivida nos últimos 30 anos ten sido xerada en comunidades”, comunidades que cualificou como “os maiores departamentos de I+D+i do mundo”, nos que a xente participa de xeito voluntario, “porque lles gusta o que fan”.
Sobre os Google Developers Group, Andrés L. Martínez sinalou que na a día de hoxe “hai arredor de 600 repartidos polos diferentes continentes”. No caso de Galicia sinalou que os grupos existentes son moi activos. Durante a súa intervención, tamén falou de iniciativas como os grupos de desenvolvedores expertos; Women Techmakers, de fomento da participación e visualización da muller no eido tecnolóxico; do Anual Summer of Code ou de #HashCode.
Ademais do anterior relatorio, a cita contou no seu programa coa participación de Ana Gómez, que falou da impresión 3D en base á súa experiencia como socia fundadora da empresa +que3D, e de Miguel Reboiro, docente da Escola Superior de Enxeñaría Informática, que afondou nas outras formas de aprender no eido tecnolóxico. Os desenvolvedores de IBM Research Toni Martínez e Jesús Pérez falaron pola súa banda da experiencia profesional e a importancia da comunidade, no primeiro caso, e do traballo en remoto para unha grande empresa no segundo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?