Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: UCGAL participará nunha plataforma interasociativa para abordar a privacidade na contorna dixital e do Big Data
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

UCGAL participará nunha plataforma interasociativa para abordar a privacidade na contorna dixital e do Big Data

Redacción
Publicado: 24/02/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

pexels-photo-265087.jpgA Asociación de Internautas (AI), a Asociación Prol Dereitos Civís, Económicos e Sociais (ADECES) e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) crearán unha plataforma interasociativa de carácter aberto, para abordar a privacidade na contorna dixital e do Big Data que caracteriza esta era.
A partires do comportamento dos cidadáns segundo a súa idade, renda, fidelidade, uso recorrente, é posible mellorar o aproveitamento das infraestruturas, o desenvolvemento do urbanismo, a planificación turística, a redución dos riscos financeiros… Pero todos estes avances que chegan da man da tecnoloxía non están nin estarán exentos de tensión respecto da privacidade, as liberdades e a seguridade da contorna dixital, de aí, que sendo importante o desenvolvemento destas novas ferramentas, tamén o sexa que se desenvolvan de forma respectuosa cun réxime de garantías públicas e coñecidas, pois é a única forma que ten o cidadán para esixir o cumprimento da lei e o respecto dos seus dereitos. Entre estas garantías cabe falar do principio de legalidade, o do fin lexítimo, idoneidade, etc.

Colaboración entre as tres asociacións

AI, ADECES e UCGAL viñeron colaborando de forma frecuente nos últimos meses en materia de telecomunicacións e desenvolvemento de e-administración. Entre os últimos traballos atópanse as denuncias por caídas da rede dalgún operador móbil, as denuncias sobre o cobro de xestións do servizo de atención ao cliente ou a actualización de prezos dun operador aos dous meses de lanzar un produto.
En relación coa e-administración as tres asociacións presentaron o pasado mes de decembro o II Estudo sobre e-administración local, baixo o título Os concellos miran aos mozos: apps para o móbil e RRSS cobran protagonismo, cuxa primeira conclusión establecía que para incrementar a confianza dos usuarios e, xa que logo, o uso dos servizos telemáticos, é imprescindible reforzar o compromiso da e-administración local coa seguridade, e garantir a protección de datos. Materias nas que é preciso que todas as institucións se comprometan.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?